De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a dar publicidade á parte substantiva do acordo adoptado polo xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na Coruña:
«Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas, identificadas no anexo desta resolución.
Segundo. Pór á disposición dos interesados os expedientes para que consonte o previsto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no BOE, aleguen e presenten os documentos e xustificacións que coiden pertinentes ante a sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 9º, da Coruña.
Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Formación e Orientación Universitaria do Ministerio de Educación, de ser o caso, ditará resolución que determine tanto a procedencia do reintegro como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.
Non obstante, no suposto de que o interesado estea conforme coa obriga do reintegro, poderá facer efectivo este en calquera banco ou caixa de aforros, facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, dándose así por concluído o expediente.
No mesmo prazo poderá solicitar na súa Delegación do Ministerio de Economía y Facenda o aprazamento ou fraccionamento do pagamento. Neste último caso, a solicitude de aprazamento considerarase un recoñecemento da débeda».
A Coruña, 26 de novembro de 2018
Indalecio Cabana Leira
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Interesado/a |
NIF/NIE |
Importe |
Curso |
Causa |
Abando Fernández, Yaiza |
32737984Z |
260,00 € |
2016/17 |
1, 10 |
Gassab, Yassine |
Y0543439D |
520,94 € |
2016/17 |
1, 10 |
Laaribi, Smail |
Y0499395X |
260,00 € |
2016/17 |
1, 10 |
Ramos Serna, Joan Fernando |
X7665031M |
609,65 € |
2016/17 |
1, 10 |
Verde García, Diego Arturo |
32719937E |
260,00 € |
2016/17 |
1, 1 |
Cabañas Argüello, Alex Leonel |
49917072B |
1.315,29 € |
2017/18 |
22, 3 |