Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2018 Páx. 52021

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria dos Ánxeles-Calvente-Pasarelos-Marzoa II (Oroso-A Coruña), para seren notificados por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio deste anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os propietarios da zona de concentración parcelaria dos Ánxeles-Calvente-Pasarelos-Marzoa II (Oroso-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia de varias resolucións polas cales se modifica o acordo de concentración parcelaria da dita zona.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán coñecer o contido íntegro do acto notificado mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 26 de novembro de 2018

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Acto notificado: Resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural do 1 de outubro de 2018.

Interesado: Antonio Mosquera Rodríguez.

Acto notificado: Resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural do 10 de outubro de 2018.

Interesado: Jesús Fernández Boo.