Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2018 Páx. 51863

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 22 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifica a varias interesadas a declaración de utilidade pública, en concreto, da compatibilidade cun dereito mineiro, así como da prevalencia cun aproveitamento forestal, do parque eólico Mouriños (IN661A 2011/10-1).

Por Resolución do 28 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, fíxose público o Acordo do Consello da Xunta do 27 de setembro de 2018 polo que se declarou a utilidade pública, en concreto, a compatibilidade cun dereito mineiro, así como a prevalencia cun aproveitamento forestal, do parque eólico Mouriños, sito nos concellos de Cabana de Bergantiños e de Zas (A Coruña) e promovido por Renovables Aragón, S.L.U. (IN661A 2011/10-1).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse a José Martínez Fuentes, a Sociedade Galega de Historia Natural, a Asociación Amigos e Amigas dos Bosques «O Ouriol do Anllóns», Manuel Varela García, a Asociación Ecologista y Pacifista Arco Iris, María Paz Díaz, Nery Zoe Cantero Prieto, Mª del Carmen Sarmiento Marqués, Carlos Fariña Romero, Manuela Marina Valiña Domínguez, María Carmen Suárez Pérez, Concepción Vecino Rego, José Luis Olveira Teijeira, os herdeiros de Felisa Esmorís Vázquez, Carlos Rodríguez Martínez, Filomena Mato Martínez, María Blanco, os herdeiros de José J. Ameijenda Souto, os herdeiros de Magdalena Lema Romero, os herdeiros de Manuel Tedín Centeno, Ascensión Leonardo Yáñez, Rosa Vázquez Fondo, Cándida Senande Ramos, Aurelio Lema Otero, Salvador Fernández Lema e a Antonio García Romar, para seren notificadas por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sita no Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas