Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2018 Páx. 51865

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 26 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, da convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación LMT 30 kV evacuación PE de Cadeira, nos concellos de Riotorto, Lourenzá, Mondoñedo e A Pastoriza (expediente IN408A/2017/36).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica do LMT 30 kV evacuación PE de Cadeira, segundo se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmos ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 26 de novembro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN408A/2017/36.

Denominación: LMT 30 kV evacuación PE de Cadeira.

Convocatoria levantamento actas previas: 21 de xaneiro, ás 9.00 horas, no Concello de Riotorto (Lugo).

Predio

Propietario

Anotación correo

Zona

Polígono

Parcela

1

Descoñecido

Descoñecida

1

1

3011