Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2018 Páx. 51825

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 82/2018).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 82/2018 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Gescasa Obras y Servicios, S.L., sobre ordinario, se ditou dilixencia de ordenación, auto despachando execución e Decreto do 20 de setembro de 2018 impugnables en reposición no prazo de tres días, que se encontran á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Gescasa Obras y Servicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 13 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza