Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2018 Páx. 51826

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 359/2018).

PO. Procedemento ordinario 359/2018

Procedemento de orixe: sobre ordinario

Demandante: Marco Antonio Justo Gómez

Avogada: Patricia Castedo Lagarón

Demandados: Renovación Estética del Automóvil, S.L. e Fogasa

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Marco Antonio Justo Gómez contra Renovación Estética del Automóvil, S.L. e Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 359/2018, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), citar a Renovación Estética del Automóvil, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 23 de maio de 2019, ás 10.50 e ás 10.55 horas, na planta -1, sala 6, no edificio da Audiencia, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que sirva de citación a Renovación Estética del Automóvil, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 19 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza