Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2018 Páx. 51584

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural

ORDE do 29 de novembro de 2018 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga).

Por Orde do 11 de outubro de 2018 publicada no Diario Oficial de Galicia número 202, do 23 de outubro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo do Fogga que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por Orde desta consellería do 11 de outubro de 2018 e designar a persoa funcionaria, cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días se comporta cambio de residencia. Cando a adxudicaria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal, a partir da data da alta.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro no cal cause baixa a funcionaria, así como a daquel no que obteña destino, efectuarán, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e de toma de posesión, das que se dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2018

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

ANEXO

Apelidos e nome: Fores Lojo, Marta.

NRP: 2516762724 A2060.

Grupo: A1.

Corpo/escala: superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Denominación do posto: secretario/a.

Código: MR.O12.00.000.15770.020.

Nivel: 30.

Dependencia: Secretaría do Fogga.

Localidade: Santiago de Compostela.