Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2018 Páx. 51633

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 26 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, de convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación do parque eólico de Cadeira (expediente LU-11/127-EOL).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas no levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica do parque eólico de Cadeira, segundo se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por sí mesmos ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 26 de novembro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-11/127-EOL.

Denominación: parque eólico de Cadeira.

Convocatoria levantamento actas previas: 10 de xaneiro de 2109, ás 9.30 horas, no Concello de Riotorto.

Número parcela

Propietario

nome

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Zap. plat.

Vial/
vial-gabia

Gabia

Serv. de voo

PE

OT

Pol.

Parc.

Concello de Riotorto

1

Descoñecido (Fiscal da Audiencia Provincial)

1

3076

Boitirado

Matogueira

244

2

Descoñecido (Fiscal da Audiencia Provincial)

1

3075

Boitirado

Matogueira

427

887

3

Descoñecido (Fiscal da Audiencia Provincial)

1

3011

Boitirado

Matogueira

179

206

8899

63437