Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2018 Páx. 51635

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 21 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Intentada a notificación á persoa interesada que se especifica no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícaselle por medio deste anuncio co fin de que poida coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, a interesada poderá comparecer no prazo de (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na avenida de Zamora, 13, 4ª planta, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non xuntar os documentos que lle son requiridos no mencionado prazo, terase por desistida da súa petición.

Ourense, 21 de novembro de 2018

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 15745.

Interesada: Duque Chacón, Lisbeth Gabriela.

DNI/NIE/PAS: 145064721.

Último enderezo coñecido: rúa Principal-Vilarmeao, nº 13, 32789 Viana do Bolo (Ourense).