Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2018 Páx. 51416

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1221/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1221/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alfredo Figueiras Villar contra Cotemac, S.L., sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Alfredo Figueiras Villar, contra a entidade Cotemac, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento que Alfredo Figueiras Villar, foi obxecto en data do 27 de outubro de 2017, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía ás partes, desde a data de efectos do citado despedimento, ao cesar na súa actividade a anterior entidade, condenando a entidade Cotemac, S.L., ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 48.074,17 €.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa súa, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 € do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social (as devanditas cantidades deberán ser aboadas, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco Santander co nº ES55 0049 3569 92 0005001274).

E para que sirva de notificación en legal forma a Cotemac, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza