Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2018 Páx. 51378

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 147/2018, do 29 de novembro, polo que se nomean membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste, e de acordo coa proposta efectuada por Unións Agrarias-UPA o 19 de novembro de 2018,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear membro titular do Consello Económico e Social de Galicia, en representación de Unións Agrarias-UPA, a Pedro González Boquete.

Artigo 2

Nomear membros suplentes do Consello Económico e Social de Galicia, en representación de Unións Agrarias-UPA, as seguintes persoas:

– Jacobo Feijóo Lamas

– Cristina Pedreira González.

Santiago de Compostela, vinte e nove de novembro de dous mil dezaoito

Alberto Núñez Feijóo
Presidente