En virtude do establecido nos artigos 9.1, inciso segundo, e 10.f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (DOG núm. 133, do 12 de xullo), e no artigo 9.e) do Regulamento de réxime interno deste (DOG núm. 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada por Unións Agrarias-UPA o 19 de novembro de 2018,
DISPOÑO:
Artigo 1
Que cese como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia, en representación de Unións Agrarias-UPA, Jacobo Feijóo Lamas.
Artigo 2
Que cesen como membros suplentes do Consello Económico e Social de Galicia, en representación de Unións Agrarias-UPA, as seguintes persoas:
– Alba Torreira Puga.
– Javier Iglesias Fernández.
Santiago de Compostela, vinte e nove de novembro de dous mil dezaoito
Alberto Núñez Feijóo
Presidente