Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2018 Páx. 51297

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 25 de outubro de 2018, polo que se aproba definitivamente o proxecto do parque eólico Cadeira como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, así como das disposicións normativas contidas no mencionado proxecto.

En cumprimento do disposto no artigo 13.5 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, esta dirección xeral dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 25 de outubro de 2018, cuxa parte dispositiva é o seguinte texto literal:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado proyecto sectorial parque eólico Cadeira. Outubro 2018, promovido por Norvento Estelo, S.L.U.

Segundo. De conformidade co contido do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 1 de outubro de 1997, polo que se aproba o Plan eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, modificado mediante o Acordo do 5 de decembro de 2002, o planeamento nos concellos da Pontenova, Riotorto, Trabada e Lourenzá queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba».

De conformidade co artigo 4 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, publícanse como anexo a esta resolución as disposicións normativas do proxecto sectorial denominado parque eólico Cadeira.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Disposicións normativas do proxecto sectorial

1. Relación co planeamento urbanístico local vixente e proposta de modificación.

A infraestrutura do parque eólico Cadeira sitúase en catro termos municipais: A Pontenova, Riotorto, Trabada e Lourenzá. A continuación, analízase a relación coa normativa urbanística vixente.

En virtude do disposto na Lei 2/2016, do solo de Galicia, a nova categoría de solo rústico proposta no presente documento superpoñerase, sen desprazala, sobre a que posúan os terreos nos planeamentos para o solo rústico de especial protección, prevalecendo a que outorgue maior protección.

1.1. Relación do planeamento municipal da Pontenova.

1.1.1. Adecuación ao planeamento municipal da Pontenova.

A infraestrutura asociada ao parque eólico conta cos elementos relacionados a continuación no concello da Pontenova, segundo os límites establecidos pola cartografía 1:5.000 da Consellería de Política Territorial e Obras Públicas e Vivenda: un aeroxerador e a plataforma doutro, viais, gabias de canalizacións e unha torre meteorolóxica.

A superficie de afección urbanístico-territorial derivada dos distintos elementos do parque situados no termo municipal da Pontenova é de 27,97 ha, o que supón o 40,8 % da área de afección total urbanístico-territorial, de 68,53 ha.

O Concello da Pontenova dispón de normas subsidiarias de planeamento (NSP), aprobadas o 23 de abril de 1985, as cales cualifican a zona afectada pola implantación do parque eólico como solo non urbanizable normal (SNU/N) e solo non urbanizable especialmente protexido (SNU/EP).

De conformidade co previsto na disposición transitoria primeira da Lei 2/2016, do solo de Galicia: réxime de aplicación aos municipios con planeamento non adaptado e aos municipios sen planeamento (desenvolvida pola disposición transitoria segunda do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016) para os municipios con planeamento urbanístico aprobado definitivamente con anterioridade á entrada en vigor da presente lei e non adaptado á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (que é o caso da Pontenova) ao solo rústico aplicaráselle o disposto na Lei 2/2016, para o solo rústico.

Polas súas características de uso, o solo afectado polo proxecto no concello da Pontenova, segundo o artigo 34, solo rústico de especial protección, da Lei 2/2016, cabe cualificarse como: solo rústico de especial protección agropecuaria (concentración parcelaria Muxueira), solo rústico de especial protección forestal (MVMC de Santo Estevo) e solo rústico de especial protección das augas (zona de policía dos afluentes do rego de Augaxosa).

A Lei 2/2016, no seu artigo 35, regula os usos e actividades posibles no solo rústico. Entre estes inclúense os recollidos no punto:

«m) Instalacións e infraestruturas hidráulicas, de telecomunicacións, produción e transporte de enerxía, gas, abastecemento de auga, saneamento e xestión e tratamento de residuos, sempre que non impliquen a urbanización ou transformación urbanística dos terreos polos que discorren».

O parque eólico obxecto de estudo, concibido como instalación de produción de enerxía, encóntrase entre os usos relacionados no citado punto.

Os devanditos usos, segundo o artigo 36 da Lei 2/2016, son admisibles en calquera categoría de solo rústico, sen prexuízo do disposto nos instrumentos de ordenación do territorio e, no seu caso, previa obtención do título habilitante municipal de natureza urbanística.

1.1.2. Proposta de modificacións do planeamento municipal da Pontenova.

Considérase conveniente propoñer modificacións da normativa urbanística vixente no municipio da Pontenova para compatibilizar o parque eólico Cadeira cos usos de solo previstos nesta, posto que existen elementos que poden condicionar aspectos do presente proxecto.

Cando se modifique ou revise o planeamento do termo municipal da Pontenova ou se adapte á lei do solo, incluiranse as delimitacións sinaladas na documentación gráfica do presente proxecto, cualificándoas como solo rústico de protección de infraestruturas.

Non obstante, en atención ao disposto no artigo 34.4 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, o ámbito no cal se considerará o novo réxime de solo rústico de especial protección de infraestruturas proposto superpoñerase complementariamente aos das outras categorías de solo rústico que concorran.

Deste modo, atendendo ás características e uso actual dos terreos afectados no concello da Pontenova, segundo o artigo 34 da Lei 2/2016, cabe cualificar o solo rústico afectado neste municipio como solo rústico de protección de infraestruturas, solo rústico de protección agropecuaria, solo rústico de protección forestal e solo rústico de protección das augas. A devandita cualificación recóllese na documentación gráfica do presente proxecto.

Resultará de aplicación a seguinte normativa:

1. Ámbito e licenzas.

Comprende esta categoría de solos a zona delimitada pola poligonal incluída na documentación gráfica do presente proxecto destinada á instalación de infraestruturas enerxéticas vinculadas á utilización do recurso natural: vento.

A zona de afección urbanístico-territorial do parque eólico Cadeira, no concello da Pontenova é de 27,97 ha.

2. Condicións de uso.

Os usos citados destinados á instalación de infraestruturas enerxéticas vinculadas á utilización do recurso natural vento, para poder implantarse nesta categoría de solo, deberán contar ademais de coa correspondente declaración de impacto ambiental de acordo co previsto na lexislación ambiental vixente, coa aprobación do correspondente proxecto sectorial.

Usos permitidos: nesta categoría de solo queda permitida a localización das infraestruturas e as súas zonas de afección destinadas ao aproveitamento do vento como recurso natural para a produción de enerxía (parques eólicos), así como os usos agrícolas e gandeiros sen máis limitación que a necesaria protección das infraestruturas enerxéticas establecida nas zonas de afección.

3. Limitacións de uso.

As áreas de pleno dominio defínense como aquelas áreas que tras a construción do parque non poderán ser utilizadas polos propietarios dos terreos. É o caso dos terreos afectados polos aeroxeradores, polas antenas meteorolóxicas e polas súas correspondentes plataformas.

As áreas en réxime de servidume, caso das zonas correspondentes aos viais, ao voo dos aeroxeradores (entendido este como a zona comprendida dentro do diámetro de cada un dos aeroxeradores), e ás gabias de cableado, teñen as seguintes limitacións ao dominio:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares, así como plantar árbores e arbustos.

2. Prohibición de efectuar calquera tipo de obras ou de efectuar algún acto que puidese danar ou prexudicar o bo funcionamento das instalacións.

3. Manter, renovar ou reparar as instalacións.

4. Prohibición de levantar edificacións nas zonas de afección dos aeroxeradores.

Na zona de protección eólica (terreo protexido para permitir a libre circulación do aire nas proximidades do aeroxerador), poderanse realizar actividades agrícolas ou gandeiras, pero non actividades forestais sempre e cando o arboredo supere unha altura equivalente ao 20 % da altura da buxa. Prohíbese calquera outra actividade que impida a circulación do vento nesa zona, nin situar obstáculos de altura superior ao 20 % da altura da buxa.

No resto dos terreos poderán manterse os usos actuais.

1.2. Relación co planeamento muncipal de Riotorto.

1.2.1. Adecuación ao planeamento municipal de Riotorto.

A infraestrutura asociada ao parque eólico conta cos elementos relacionados a continuación sitos no concello de Riotorto: parte dun aeroxerador.

A superficie de afección urbanístico-territorial derivada de elementos do parque eólico situados no concello de Riotorto é de 5,87 ha, o que supón o 8,6 % da área de afección total urbanístico-territorial.

O municipio de Riotorto non dispón de instrumento de planeamento, senón que conta con delimitación de solo urbano (DSU), con data de aprobación do 13 de marzo de 1986.

De conformidade co previsto na disposición transitoria primeira da Lei 2/2016, do solo de Galicia: réxime de aplicación aos municipios con planeamento non adaptado e aos municipios sen planeamento (desenvolvida pola disposición transitoria segunda do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016) para os municipios sen planeamento xeral (caso de Riotorto) aplicarase o réxime de solo rústico establecido na devandita lei.

Polas súas características de uso, o solo afectado polo proxecto no termo municipal de Riotorto, segundo o artigo 34, solo rústico de especial protección, da Lei 2/2016, cabe cualificarse como solo rústico de especial protección agropecuaria (concentración parcelaria Muxueira).

A Lei 2/2016, no seu artigo 35 regula os usos e actividades posibles no solo rústico. Entre estes inclúense os recollidos no punto:

«m) Instalacións e infraestruturas hidráulicas, de telecomunicacións, produción e transporte de enerxía, gas, abastecemento de auga, saneamento e xestión e tratamento de residuos, sempre que non impliquen a urbanización ou transformación urbanística dos terreos polos que discorren».

O parque eólico obxecto de estudo, concibido como instalación de produción de enerxía, encóntrase entre os usos relacionados no citado punto.

Os devanditos usos, segundo o artigo 36 da Lei 2/2016, son admisibles en calquera categoría de solo rústico, sen prexuízo do disposto nos instrumentos de ordenación do territorio e, no seu caso, previa obtención do título habilitante municipal de natureza urbanística.

1.2.2. Proposta de modificacións do planeamento municipal de Riotorto.

Considérase conveniente propoñer modificacións da normativa urbanística vixente no municipio de Riotorto para compatibilizar o parque eólico Cadeira cos usos de solo previstos nesta, posto que existen elementos que poden condicionar aspectos do presente proxecto.

Cando se modifique ou revise o planeamento do termo municipal da Pastoriza, ou se adapte á Lei do solo, incluiranse as delimitacións sinaladas na documentación gráfica do presente proxecto, cualificándoas como solo rústico de protección de infraestruturas.

Non obstante, en atención ao disposto no artigo 34.4 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, o ámbito no cal se considerará o novo réxime de solo rústico de especial protección de infraestruturas proposto superpoñerase complementariamente aos das outras categorías de solo rústico que concorran.

Deste modo, atendendo á cualificación actual do solo segundo o planeamento de Riotorto, e tendo en conta as características e uso actual dos terreos afectados, segundo o artigo 34 da Lei 2/2016, cabe cualificar o solo rústico afectado neste municipio como solo rústico de protección de infraestruturas e solo rústico de protección agropecuaria. A devandita cualificación recóllese na documentación gráfica do presente proxecto.

1. Ámbito e licenzas.

Comprende esta categoría de solos a zona delimitada pola poligonal incluída na documentación gráfica do presente proxecto destinada á instalación de infraestruturas enerxéticas vinculadas á utilización do recurso natural: vento.

A área de afección urbanístico-territorial do parque eólico Cadeira no concello de Riotorto é de 5,87 ha.

2. Condicións de uso.

Os usos citados destinados á instalación de infraestruturas enerxéticas vinculadas á utilización do recurso natural vento, para poder implantarse nesta categoría de solo, deberán contar ademais de coa correspondente declaración de impacto ambiental de acordo co previsto na lexislación ambiental vixente, coa aprobación do correspondente proxecto sectorial.

Usos permitidos: nesta categoría de solo queda permitida a localización das infraestruturas e as súas zonas de afección destinadas ao aproveitamento do vento como recurso natural para a produción de enerxía (parques eólicos), así como os usos agrícolas e gandeiros sen máis limitación que a necesaria protección das infraestruturas enerxéticas establecida nas zonas de afección.

3. Limitacións de uso.

As áreas de pleno dominio defínense como aquelas áreas que tras a construción do parque non poderán ser utilizadas polos propietarios dos terreos. É o caso dos terreos afectados polos aeroxeradores, polas antenas meteorolóxicas e polas súas correspondentes plataformas.

As áreas en réxime de servidume, caso das zonas correspondentes aos viais, ao voo dos aeroxeradores (entendido este como a zona comprendida dentro do diámetro de cada un dos aeroxeradores), e ás gabias de cableado teñen as seguintes limitacións ao dominio:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares, así como plantar árbores e arbustos.

2. Prohibición de efectuar calquera tipo de obras ou efectuar acto algún que puidese danar ou prexudicar ao bo funcionamento das instalacións.

3. Manter, renovar ou reparar as instalacións.

4. Prohibición de levantar edificacións nas zonas de afección dos aeroxeradores.

Na zona de protección eólica (terreo protexido para permitir a libre circulación do aire nas proximidades do aeroxerador), poderanse realizar actividades agrícolas ou gandeiras, pero non actividades forestais sempre e cando o arboredo supere unha altura equivalente ao 20 % da altura da buxa. Prohíbese calquera outra actividade que impida a circulación do vento nesa zona, nin situar obstáculos de altura superior ao 20 % da altura da buxa.

No resto dos terreos poderán manterse os usos actuais.

1.3. Relación co planeamento municipal do concello de Trabada.

1.3.1. Adecuación ao planeamento municipal de Trabada.

A infraestrutura asociada ao parque eólico conta cos elementos relacionados a continuación no concello de Trabada, segundo os límites establecidos pola cartografía 1:5.000 da Consellería de Política Territorial e Obras Públicas e Vivenda: dous aeroxeradores no límite municipal coa Pontenova, un con Riotorto e tres integramente no termo municipal, viais e gabias de canalizacións.

A superficie de afección urbanístico-territorial dos distintos elementos do parque no concello de Trabada é de 34,44 ha, o que supón 50,3 % da área de afección total urbanístico-territorial de 68,53 ha.

O concello de Trabada non dispón de instrumento de planeamento xeral. Dispón de delimitación de solo urbano (DSU), aprobada o 8 de maio de 1978.

De conformidade co previsto na disposición transitoria primeira da Lei 2/2016, do solo de Galicia: réxime de aplicación aos municipios con planeamento non adaptado e aos municipios sen planeamento (desenvolvida pola Disposición transitoria segunda do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016) para os municipios sen planeamento xeral (caso de Trabada) aplicarase o réxime de solo rústico establecido na devandita lei.

Polas súas características de uso, o solo afectado polo proxecto no concello de Trabada, de acordo coa disposición transitoria primeira (DT 1ª) da Lei 2/2016, do 1 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), segundo o artigo 34, correspóndenlle as categorías de solo rústico de protección ordinaria, solo rústico de especial protección forestal (MVMC de Vilapena), solo rústico de especial protección de infraestruturas (subestación), solo rústico de especial protección de augas (zonas de policía de afluentes dos regos de Vilaformán e Carreirachá) e solo rústico de especial protección paisaxística (área de especial interese paisaxístico A Mariña-Baixo Eo).

A Lei 2/2016, no seu artigo 35, regula os usos e actividades posibles no solo rústico.

Entre estes inclúense os recollidos no punto:

«m) Instalacións e infraestruturas hidráulicas, de telecomunicacións, produción e transporte de enerxía, gas, abastecemento de auga, saneamento e xestión e tratamento de residuos, sempre que non impliquen a urbanización ou transformación urbanística dos terreos polos que discorren».

O parque eólico obxecto de estudo, concibido como instalación de produción de enerxía, encóntrase entre os usos relacionados no citado punto.

Os devanditos usos, segundo o artigo 36 da Lei 2/2016, son admisibles en calquera categoría de solo rústico, sen prexuízo do disposto nos instrumentos de ordenación do territorio e, no seu caso, previa obtención do título habilitante municipal de natureza urbanística.

1.3.2. Proposta de modificacións do planeamento municipal de Trabada.

Considérase conveniente propoñer modificacións da normativa urbanística vixente no municipio de Trabada para compatibilizar o parque eólico Cadeira cos usos de solo previstos nesta, posto que existen elementos que poden condicionar aspectos do presente proxecto.

Cando se modifique ou revise o planeamento do termo municipal de Trabada ou se adapte á Lei do solo, incluiranse as delimitacións sinaladas na documentación gráfica do presente proxecto, cualificándoas como solo rústico de protección de infraestruturas.

Non obstante, en atención ao disposto no artigo 34.4 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, o ámbito no cal se considerará o novo réxime de solo rústico de especial protección de infraestruturas proposto superpoñerase complementariamente aos das outras categorías de solo rústico que concorran.

Deste modo, atendendo ás características e uso actual dos terreos afectados no concello de Trabada, segundo o artigo 34 da Lei 2/2016, cabe cualificar o solo rústico afectado neste municipio como solo rústico de protección ordinaria, solo rústico de protección forestal, solo rústico de protección de infraestruturas, solo rústico de protección das augas e solo rústico de protección paisaxística. A devandita cualificación recóllese na documentación gráfica do presente proxecto.

Resultará de aplicación a seguinte normativa:

1. Ámbito e licenzas.

Comprende esta categoría de solos a zona delimitada pola poligonal incluída na documentación gráfica do presente proxecto destinada á instalación de infraestruturas enerxéticas vinculadas á utilización do recurso natural: vento. A zona de afección urbanístico-territorial do parque eólico Cadeira, no concello de Trabada é de 34,44 ha.

2. Condicións de uso.

Os usos citados destinados á instalación de infraestruturas enerxéticas vinculadas á utilización do recurso natural vento, para poder implantarse nesta categoría de solo, deberán contar ademais de coa correspondente declaración de impacto ambiental de acordo co previsto na lexislación ambiental vixente, coa aprobación do correspondente proxecto sectorial.

Usos permitidos: nesta categoría de solo queda permitida a localización das infraestruturas e as súas zonas de afección destinadas ao aproveitamento do vento como recurso natural para a produción de enerxía (parques eólicos), así como os usos agrícolas e gandeiros sen máis limitación que a necesaria protección das infraestruturas enerxéticas establecida nas zonas de afección.

3. Limitacións de uso.

As áreas de pleno dominio defínense como aquelas áreas que tras a construción do parque non poderán ser utilizadas polos propietarios dos terreos. É o caso dos terreos afectados polos aeroxeradores, polas antenas meteorolóxicas e polas súas correspondentes plataformas.

As áreas en réxime de servidume, caso das zonas correspondentes aos viais, ao voo dos aeroxeradores (entendido este como a zona comprendida dentro do diámetro de cada un dos aeroxeradores), e ás gabias de cableado, teñen as seguintes limitacións ao dominio:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares, así como plantar árbores e arbustos.

2. Prohibición de efectuar calquera tipo de obras ou de efectuar algún acto que puidese danar ou prexudicar ao bo funcionamento das instalacións.

3. Manter, renovar ou reparar as instalacións.

4. Prohibición de levantar edificacións nas zonas de afección dos aeroxeradores.

Na zona de protección eólica (terreo protexido para permitir a libre circulación do aire nas proximidades do aeroxerador), poderanse realizar actividades agrícolas ou gandeiras, pero non actividades forestais sempre e cando o arboredo supere unha altura equivalente ao 20 % da altura da buxa. Prohíbese calquera outra actividade que impida a circulación do vento nesa zona, nin situar obstáculos de altura superior ao 20 % da altura da buxa.

No resto dos terreos poderán manterse os usos actuais.

1.4. Relación co planeamento municipal de Lourenzá.

1.4.1. Adecuación ao planeamento municipal de Lourenzá.

A infraestrutura asociada ao parque eólico conta cos elementos relacionados a continuación no concello de Lourenzá, segundo os límites establecidos pola cartografía 1:5.000 da Consellería de Política Territorial e Obras Públicas e Vivenda: cun pequeno tramo de vial principal e cunha antena meteorolóxica.

A superficie de afección urbanístico-territorial dos distintos elementos do parque no concello de Lourenzá é de 0,25 ha, o que supón 0,3 % da área de afección total urbanístico-territorial de 68,53 ha.

O Concello de Lourenzá dispón de normas subsidiarias de planeamento (NSP), aprobadas o 31 de xaneiro de 1995, as cales cualifican a zona afectada pola implantación do parque eólico como solo non urbanizable de espazos naturais.

De conformidade co previsto na disposición transitoria primeira da Lei 2/2016, do solo de Galicia: réxime de aplicación aos municipios con planeamento non adaptado e aos municipios sen planeamento (desenvolvida pola disposición transitoria segunda do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016) para os municipios con planeamento urbanístico aprobado definitivamente con anterioridade á entrada en vigor da presente lei e non adaptado á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (que é o caso de Lourenzá) ao solo rústico, aplicaráselle o disposto na Lei 2/2016, para solo rústico.

Polas súas características de uso, o solo afectado polo proxecto no concello de Lourenzá, segundo o artigo 34, solo rústico de especial protección, da Lei 2/2016, cabe cualificarse como, solo rústico de especial protección agropecuaria.

A Lei 2/2016, no seu artigo 35, regula os usos e actividades posibles no solo rústico.

Entre estes inclúense os recollidos no punto:

«m) Instalacións e infraestruturas hidráulicas, de telecomunicacións, produción e transporte de enerxía, gas, abastecemento de auga, saneamento e xestión e tratamento de residuos, sempre que non impliquen a urbanización ou transformación urbanística dos terreos polos que discorren».

O parque eólico obxecto de estudo, concibido como instalación de produción de enerxía, encóntrase entre os usos relacionados no citado punto.

Os devanditos usos, segundo o artigo 36 da Lei 2/2016, son admisibles en calquera categoría de solo rústico, sen prexuízo do disposto nos instrumentos de ordenación do territorio e, no seu caso, previa obtención do título habilitante municipal de natureza urbanística.

1.4.2. Proposta de modificacións do planeamento municipal de Lourenzá.

Considérase conveniente propoñer modificacións da normativa urbanística vixente no municipio de Lourenzá para compatibilizar o parque eólico Cadeira cos usos de solo previstos nesta, posto que existen elementos que poden condicionar aspectos deste proxecto.

Cando se modifique ou revise o planeamento do termo municipal de Lourenzá ou se adapte á Lei do solo, incluiranse as delimitacións sinaladas na documentación gráfica do presente proxecto, cualificándoas como solo rústico de protección de infraestruturas.

Non obstante, en atención ao disposto no artigo 34.4 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, o ámbito no cal se considerará o novo réxime de solo rústico de especial protección de infraestruturas proposto superpoñerase complementariamente aos das outras categorías de solo rústico que concorran.

Deste modo, atendendo ás características e uso actual dos terreos afectados no concello de Lourenzá, segundo o artigo 34 da Lei 2/2016, cabe cualificar ao solo rústico afectado neste municipio como solo rústico de protección de infraestruturas e solo rústico de protección agropecuaria.

Resultará de aplicación a seguinte normativa:

1. Ámbito e licenzas.

Comprende esta categoría de solos a zona delimitada pola poligonal incluída na documentación gráfica do presente proxecto destinada á instalación de infraestruturas enerxéticas vinculadas á utilización do recurso natural: vento.

A zona de afección urbanístico-territorial do parque eólico Cadeira, no concello de Lourenzá é de 0,25 ha.

2. Condicións de uso.

Os usos citados destinados á instalación de infraestruturas enerxéticas vinculadas á utilización do recurso natural vento, para poder implantarse nesta categoría de solo, deberán contar ademais de coa correspondente declaración de impacto ambiental de acordo co previsto na lexislación ambiental vixente, coa aprobación do correspondente proxecto sectorial.

Usos permitidos: nesta categoría de solo queda permitida a localización das infraestruturas e as súas zonas de afección destinadas ao aproveitamento do vento como recurso natural para a produción de enerxía (parques eólicos), así como os usos agrícolas e gandeiros sen máis limitación que a necesaria protección das infraestruturas enerxéticas establecida nas zonas de afección.

3. Limitacións de uso.

As áreas de pleno dominio defínense como aquelas áreas que tras a construción do parque non poderán ser utilizadas polos propietarios dos terreos. É o caso dos terreos afectados polos aeroxeradores, polas antenas meteorolóxicas e polas súas correspondentes plataformas.

As áreas en réxime de servidume, caso das zonas correspondentes aos viais, ao voo dos aeroxeradores (entendido este como a zona comprendida dentro do diámetro de cada un dos aeroxeradores), e ás gabias de cableado, teñen as seguintes limitacións ao dominio:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares, así como plantar árbores e arbustos.

2. Prohibición de efectuar calquera tipo de obras ou de efectuar algún acto que puidese danar ou prexudicar ao bo funcionamento das instalacións.

3. Manter, renovar ou reparar as instalacións.

4. Prohibición de levantar edificacións nas zonas de afección dos aeroxeradores.

Na zona de protección eólica (terreo protexido para permitir a libre circulación do aire nas proximidades do aeroxerador), poderanse realizar actividades agrícolas ou gandeiras, pero non actividades forestais sempre e cando o arboredo supere unha altura equivalente ao 20 % da altura da buxa. Prohíbese calquera outra actividade que impida a circulación do vento nesa zona, nin situar obstáculos de altura superior ao 20 % da altura da buxa.

No resto dos terreos poderán manterse os usos actuais.

1.5. Prazo.

A adecuación do planeamento urbanístico municipal vixente ao proxecto sectorial deberá realizarse con:

• A revisión do planeamento urbanístico municipal vixente.

• A adaptación do planeamento á Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

1.6. Eficacia.

De acordo co establecido no artigo 11 do Decreto 80/2000, a aprobación definitiva do proxecto sectorial polo Consello da Xunta de Galicia, seguindo o procedemento establecido no artigo 25 da Lei 10/1995, á marxe de cando se adecúe o planeamento municipal, implica que as súas determinacións terán forza vinculante para as administracións públicas e particulares e prevalecerán sobre as determinacións do planeamento urbanístico vixente.

2. Cualificación das obras e instalacións como de marcado carácter territorial.

En concordancia co establecido no Plan sectorial eólico de Galicia aprobado polo Consello da Xunta de Galicia do 1 de outubro de 1997 (DOG do 15 de novembro), e na súa modificación aprobada polo Consello da Xunta de Galicia do 5 de decembro de 2002 (DOG do 3 de xaneiro de 2003) e de conformidade co establecido no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal e na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia e as súas modificacións, o presente proxecto sectorial cualifica expresamente de marcado carácter territorial as obras e instalacións do parque eólico Cadeira.