De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos da provincia da Coruña que se relacionan, no procedemento de baixa e cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.
Os titulares dispoñen dun prazo de quince (15) días para faceren as alegacións que consideren pertinentes, e poderán examinar os expedientes e obter copias dos documentos contidos neles na Área Provincial da Coruña.
A Coruña, 26 de novembro de 2018
María del Camino Triguero Salas
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña
ANEXO
Establecemento: café bar Mesón do Mar.
Titular: Mª Carmen Fernández Yáñez.
Enderezo: rúa República Arxentina, 50.
Concello: Ferrol.
Establecemento: café bar Irlanda.
Titular: José Manuel Gil López.
Enderezo: rúa Dolores, 44.
Concello: Ferrol.
Establecemento: café bar Muiña.
Titular: Francisco Rivera Muiña.
Enderezo: rúa República Arxentina.
Concello: Ferrol.