Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2018 Páx. 51206

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO do acordo de aprobación definitiva do estudo de detalle para a ordenación de volumes no CEIP Ramón de la Sagra, A Coruña (expediente 631/2018/43).

O Pleno municipal, na sesión que tivo lugar o 8 de outubro de 2018, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para a ordenación de volumes no CEIP Ramón de la Sagra. Maio 2018, redactado pola Oficina técnica do Departamento de Planeamento, no cal se inclúe a observación realizada pola Dirección Xeral de Aviación Civil no informe do 6 de setembro de 2018.

Segundo. Realizar os trámites previstos nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, artigos 199, 209 e 212 do Regulamento da Lei do solo, para a entrada en vigor do documento aprobado».

O contido íntegro do estudo de detalle aprobado pódese consultar no enderezo electrónico: https.www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe «planeamiento/planeamiento vigente» ou ben, desde a mesma web, a través do «Visor Estado Desarrollo PGOM 2013».

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia e artigo 201.1 do Regulamento de desenvolvemento da citada lei) no prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

A Coruña, 6 de novembro de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto 2964/2017; BOP do 13 de xullo)
Xiao Varela Gómez
Tenente de alcalde da Área de Rexeneración Urbana,
Dereito á Vivenda e Mobilidade Sostible