Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2018 Páx. 51202

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación da obra de reforma e ampliación do Hospital da Barbanza-Ribeira (A Coruña) (expediente AB-SER3-18-036).

1. Poder adxudicador:

a) Nome: Servizo Galego de Saúde.

b) Número de identificación fiscal: Q6550006H.

c) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos. Servizo de Xestión.

d) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

e) Localidade: Santiago de Compostela.

f) Código postal: 15781.

g) País: España.

h) Código NUTS: ES11.

i) Teléfonos: 881 54 18 38 (cuestións administrativas) e 881 54 00 73 (cuestións técnicas).

j) Fax: 881 54 27 62.

k) Correo electrónico: servizo.xestion@sergas.es

l) Dirección da internet do perfil do contratante: www.sergas.gal

2. Tipo de poder adxudicador: organismo de dereito público. Principal actividade exercida: saúde.

3. Central de compra/outra forma de contratación conxunta: non procede.

4. Código CPV: 45215140-8 (traballos de construción de establecementos hospitalarios).

5. Código NUTS: ES113.

6. Descrición da licitación: ampliación da área de urxencias do Hospital da Barbanza, sita na planta +1 do edificio hospitalario. A necesidade da reforma xustifícase polo progresivo incremento da demanda asistencial e a complexidade dos procesos que se atenden, que fan en moitas ocasións que os doentes deban ser trasladados ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. O plan funcional ao que dá resposta o proxecto afectará as seguintes áreas: área de admisión, sala de espera para doentes, sala de espera para familiares, sala de triaxe, 2 consultas filtro, despacho de altas, aseos públicos, 8 boxes, un box de críticos, un box de pediatría, control de enfermaría, sala de observacións con 8 camas e aseo, sala de observacións con cadeiras e aseo propio, sala de observacións pediatría con aseo, aseos de doentes, oficios limpio e sucio, almacén, sala de estar do persoal, aseos do persoal, sala de médicos e sala de coordinador.

a) Nº de expediente: AB-SER3-18-036.

b) División por lotes e número: non procede.

c) Admisión de variantes: non.

7. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito á regulación harmonizada e documentalmente simplificado.

8. Información sobre acordo marco/sistema dinámico de contratación: non procede.

9. Criterios de adxudicación:

a) Oferta económica: 60 %.

b) Redución prazo execución: 20 %.

c) Incremento prazo de garantía: 20 %.

10. Data de adxudicación do contrato: 19 de novembro de 2018.

11. Número de ofertas recibidas: 13.

a) Número de ofertas recibidas de operadores económicos que sexan pequenas e medianas empresas: non consta.

b) Número de ofertas recibidas doutro estado membro ou dun país terceiro: ningunha.

c) Número de ofertas recibidas por vía electrónica: ningunha.

12. Datos de adxudicación:

a) Nome: Desarrolla, Obras y Servicios, S.L.

b) NIF: B70218185.

c) Enderezo: rolda de Outeiro 33, entr. D, 15009 A Coruña.

d) Código NUTS: ES112.

e) Teléfono +34 881 96 23 12 e fax +34 881 89 57 23.

f) Dirección da internet: administracion@desarrolla.es

g) Peme (segundo normativa europea): non.

h) Agrupación de empresas: non consta.

13. Valor das oferta seleccionada: importe 1.407.883,40 €, 21 % do IVE incluído.

14. Valor e proporción dos contratos que se prevexa subcontratar a terceiros: non consta.

15. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea: non.

16. Procedemento de recurso:

a) Tipo: recurso especial en materia de contratación.

b) Órgano competente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Prazo de presentación de recurso: artigos 48, 50 e 51 da LCSP.

d) Servizo do cal se pode obter información: Subdirección Xeral de Investimentos, Servizo de Xestión.

1º. Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

2º. Teléfonos: 881 54 18 38 (cuestións administrativas).

3º. Correo electrónico: servizo.xestion@sergas.es

17. Datas e referencias de publicacións anteriores:

a) Publicación do anuncio de licitación:

1º. Perfil do contratante do Sergas o 8.8.2018 (www.sergas.gal).

2º. Plataforma de contratos de Galicia o 8.8.2018 (www.contratosdegalicia.gal).

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2018

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos