Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2018 Páx. 51170

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade Sopegalia, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 14/2011, do 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación dos estatutos sociais da entidade Sopegalia, S. Coop. Galega polo cambio do seu domicilio social (rúa Montero Ríos, 12-2º, 27002 en Lugo).

Lugo, 21 de novembro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo