Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2018 Páx. 51168

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 21 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica nos concellos de Zas, Vimianzo e Dumbría (expediente IN407A 2017/166-1), e outra no concello de Dumbría (expediente IN407A 2016/3040-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas denominadas LAT 66 kV parques eólicos Montetourado-Eixe/Monte O Tourado-subestación colectora Regoelle, nos concellos de Zas, Vimianzo e Dumbría (expediente IN407A 2017/166-1), e subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV, no concello de Dumbría (expediente IN407A 2016/3040-1), por resolución do Consello da Xunta de Galicia, do 31 de outubro de 2018, a favor da entidade beneficiaria Fenosa Wind, S.L., con enderezo en avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Esta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar os días 24 de xaneiro de 2019 (expediente IN407A 2016/3040-1), no concello de Dumbría, e os días 28, 29, 30 e 31 de xaneiro, e 5 de febreiro de 2019 (expediente IN407A 2017/166-1), nos concellos de Vimianzo de Dumbría para o levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos dos ditos concellos, deducida da que se someteu a información pública no DOG, do 22 de xaneiro de 2018, e no xornal La Voz de Galicia, do 16 de xaneiro, acto ao que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás cales se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas das casas consistoriais dos ditos concellos.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 21 de novembro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña