Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2018 Páx. 50976

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (175/2018).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 175/2018 por instancia de Basilio Pazos Quintáns contra a empresa Repsol Butano, S.A., a empresa Codiber, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 2.11.2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Basilio Pazos Quintáns fronte ás empresas Codiber, S.L. e Repsol Butano, S.A. e, en consecuencia.

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Codiber, S.L. ao traballador.

– Absólvese Repsol Butano, S.A. das pretensións fronte a este exercidas.

– Condénase Codiber, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 20.225,54 euros, determinado o aboamento da devandita indemnización a extinción do contrato de traballo, téndose en conta as cantidades satisfeitas en concepto de indemnización; no caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 40,31 euros diarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Codiber, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 13 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza