Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2018 Páx. 50816

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia a convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación dos predios afectados polo proxecto do parque eólico Punago-Vacariza (expediente LU-11/139-EOL).

Por Resolución do 3 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, outórgase a autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Punago-Vacariza, nos municipios de Castroverde, Baralla e Baleira (Lugo), promovido por Fenosa Wind, S.L., e por Resolución do 29 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, faise público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 18 de outubro de 2018 polo que se declara a utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia sobre diversos aproveitamentos forestais, do parque eólico Punago-Vacariza (DOG núm. 218, do 15 de novembro).

Esta declaración de utilidade pública, de conformidade co disposto no artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, leva implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Por razón do exposto, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no devandito artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados con que non se chegou a un acordo e que se relacionan no anexo, para que comparezan o vindeiro 27 de decembro nos concellos de Castroverde, Baralla e Baleira, como punto de reunión para levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación.

Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución e podendo facerse acompañar dos seus peritos e un notario, se o consideran oportuno, con gastos pola súa conta.

Así mesmo, advírtese a todos os interesados afectados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial (rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de rectificar posibles erros na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Desta convocatoria darase traslado a cada interesado mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará día e hora para o levantamento de actas previas. Esta publicación realízase, igualmente, para os efectos que determina o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación.

No expediente expropiatorio Fenosa Wind, S.L. asumirá a condición de beneficiaria.

Lugo, 20 de novembro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo parque eólico

Serra do Puñago-Vacariza

Parcela

Datos catastrais

Afeccións (m2)

Servidume de voo

Código

Propietario

Pol.

Par.

Lugar

Cultivo

Pleno dominio

Serv. de paso

Cim.

Plat.

Torre met.

Sub.

Vía

Gabia

Concello de Baleira

13

Lago Fenández, César-MVMC de Puñago

67

93

Monte Puñago

Prado

414

3.037

869

559

3.952

45

Fiscal da Audiencia Provincial (descoñecido)

67

93

Monte Puñago

Piñeiral

2.064

995

46

González Fernández, Jesús-MVMC de Pousada, Eirexe e Rego de Pereira

67

137

Rañadoiro do Baleira

Piñeiral

6.400

5.899

2.963

75

González Fernández, Jesús-MVMC de Pousada, Eirexe e Rego de Pereira

101

59

Monte de Airexe

Piñeiral

762

1.593

1.878

2.713

76

González Fernández, Jesús-MVMC de Pousada, Eirexe e Rego de Pereira

101

53

Monte de Airexe

Piñeiral

676

3.535

89

8.541

2.117

14.874

78

Pereira Correa, José Antonio-MVMC de Quinta e Queirugal

101

49

Peza

Piñeiral

205

212

3.017

1.260

10.544

Concello de Baralla

79

MVMC de Barrosa Rpta. Pérez Gómez, Manuel

1

1

Prado da Porta

Piñeiral

676

1.561

41

5.290

Concello de Castroverde

36

Fernández Gómez, José

142

75

Agriño Pequeno

Eucaliptos

713

127

1.886

38

Fernández Neira, Mª Carmen

142

77

Agriño Pequeno

Matogueiras

709

219

42

Neira Pardo, Jovita

142

81

Agro do Medio

Matogueiras

1.558

151

399

66

Neira Pardo, Jovita

143

359

Cabote

Matogueiras

83

2.409

158

1.608

68/1

Castedo Dorado, Fernando

143

366

Cabote

Matogueiras

259

68

Gallego Becerra, Mª Alicia

143

361

Cabote

Monte alto

323

69

Neira Pardo, Jovita

143

367

Lamas

Monte alto

1.875

70

Gallego Becerra, Mª Alicia

143

365

Lamas

Monte alto

98

1.722

77

Fernández Arias, Joaquín-MVMC de Furís

148

184

Serra da Lagoa

Piñeiral

1.137

8.978

13.810

6.424

8.664

80

Fernández Arias, Joaquín-MVMC de Furís

149

218

Leiro da Uceira

Prado

959

429

3.364

81

Fernández Arias, Joaquín-MVMC de Furís

149

274

Leiro da Uceira

Prado

4

799

480