Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2018 Páx. 50813

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia a convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados polo proxecto do parque eólico Pastoriza-Rodeiro (expediente LU-11/141-EOL).

Por Resolución do 19 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, outórgase autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción as instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Pastoriza-Rodeiro, no municipio da Pastoriza (Lugo), promovido por Fenosa Wind, S.L., e por Resolución do 31 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, faise público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 25 de outubro de 2018 pola que se declara a utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia sobre diversos aproveitamentos forestais, do parque eólico Pastoriza-Rodeiro (DOG núm. 218, do 15 de novembro).

Esta declaración de utilidade pública, de conformidade co disposto no artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, leva implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Por razón do exposto, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no devandito artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados, con que non se chegou a un acordo e que se relacionan no anexo, para que comparezan o vindeiro 27 de decembro no concello da Pastoriza, como punto de reunión, para levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación.

Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución e podendo facerse acompañar dos seus peritos e un notario, se o consideran oportuno, con gastos pola súa conta.

Así mesmo, advírtese a todos os interesados afectados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial (rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de rectificar posibles erros na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Desta convocatoria darase traslado a cada interesado mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará o día e a hora para o levantamento de actas previas. Esta publicación realízase, igualmente, para os efectos que determina o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación.

No expediente expropiatorio Fenosa Wind, S.L. asumirá a condición de beneficiaria.

Lugo, 20 de novembro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo parque eólico Pastoriza-Rodeiro

Parcela

Datos catastrais

Afeccións (m2)

Código

Propietario

Pol.

Par.

Lugar

Cultivo

Pleno dominio

Servidumes de paso

Servidume de voo

Cim.

Plat.

Vía

Gabia

Concello da Pastoriza

3

Fiscal da Audiencia Provincial (descoñecido)

27

114

Campelos

Mato

1.544

24

74

812

7

Ernesto López Villamel

29

433

Porto Paraxuas

Monte alto

193

37

112

18/1

Hdos. Samarita Prieto Nogueira

Rpta.: Jairo Calderón Prieto

Tutor: Lexo Calderón López

27

159

Dezas

Prado

79

24

José Antonio Edrosa López

26

2

Monte Alto

Prado

244

163

766

58

MVMC de Loboso

Rpta.: Félix González Grandío

28

5002

Mudia

Piñeiral

1.923

69

MVMC de S. Vicente de Reigosa
Rpta.: Diógenes Iglesias Cabaneiro

28

199

Mudia

Piñeiral

722

7.646

2.051

1.907

19.841

71

Fiscal da Audiencia Provincial (descoñecido)

28

329

Mudia

Mato

1.086

216

88

MVMC de S. Vicente de Reigosa
Rpta.: Diógenes Iglesias Cabaneiro

28

5011

Mudia

Mato

717

4.243

7.688

2.133

15.209

101

Javier Teijeiro Álvarez e irmáns

400

100

Fregonzo

Monte alto

747

109

1.476

102

Fiscal da Audiencia Provincial (descoñecido)

400

99

Fregosel

Monte alto

274

576

164

3.049

103

Gonzalo Edrosa Portela

400

98

Fregonzo

Eucaliptos

832