Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2018 Páx. 50825

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 19 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2018255AL-PO, por infraccións en materia de seguridade alimentaria.

O 25 de outubro de 2018 propúxose a resolución do expediente sancionador número 2018255AL-PO, incoado a Valeriano Domínguez Soto, co DNI 36077522K, propietario do establecemento Komo en Kasa de Lola, co número de Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios (Regasa) 9802.2167/PO.

Tras intentar a notificación desta proposta de resolución consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que mediante esta cédula notifícaselle a Valeriano Domínguez Soto o contido da dita proposta, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 19 de novembro de 2018

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2018255AL-PO.

Denunciado: Valeriano Domínguez Soto.

DNI: 36077522K.

Enderezo: avenida de Ricardo Mella, 107, 36313 Vigo.

Feitos imputados: primeiro incumprimento, realizar a actividade de restauración comercial nun establecemento que incumpre os requisitos xerais e específicos dos locais onde se preparan, tratan ou transforman produtos alimenticios destinados ao consumo humano, o que pode supoñer un risco para a saúde dos seus clientes. Segundo incumprimento, dispoñer de produtos almacenados sen identificar e/ou coa data de caducidade superada.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

Artigos 3, 4.2 e 5, e o capítulo I puntos 1, 2, 4 e 5 ; capítulo II puntos 1.a), b), c), d), e f); capítulo V punto 1; capítulo VI puntos 1 e 2 e capítulo IX puntos 2 e 3 do anexo II Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

Artigos 14.1, 17.1 e 18 do Regulamento (CE) 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requirimentos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria.

Tipificación: dúas infraccións administrativas tipificadas como graves no artigo 51 punto 2 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición, que considera infraccións graves «O incumprimento dos requisitos en materia de seguridade alimentaria, cando iso represente un risco para a saúde pública e sempre que non poida considerarse unha infracción moi grave» (parágrafo 18).

Sanción proposta: dez mil dous euros (10.002,00 €).