Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2018 Páx. 50235

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boqueixón

ANUNCIO de requirimento de corta de árbores e limpeza de monte.

Ante a imposibilidade de determinar a identidade das persoas responsables da limpeza de maleza e corta de árbores da parcela con referencia catastral 15012A018000100000ES, herdeiros de Jesús Torres Devesa, publícase o requirimento de limpeza de maleza e corta de piñeiros, eucaliptos, acacias… ata gardar unha distancia de 50 metros ao solo de núcleo rural, e corta de carballos e demais frondosas ata gardar unha distancia de 15 metros ao solo de núcleo rural.

Se transcorridos quince (15) días naturais, contados desde a publicación deste anuncio no BOE, non se procede coa limpeza e corta de árbores, o Concello efectuará a execución subsidiaria cos efectos establecidos no artigo 22, número 4, parágrafo 6, da Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Boqueixón, 31 de outubro de 2018

Manuel Fernández Munín
Alcalde