Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2018 Páx. 50208

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2018 pola que se anuncia a formalización da contratación mediante a modalidade de compra pública de tecnoloxía innovadora, polo procedemento de diálogo competitivo, dun servizo de seguimento das dinámicas de ocupación do solo e axuda á planificación territorial mediante o uso de vehículos aéreos non tripulados, financiado nun 80 % polo programa operativo plurirrexional Feder Pocint a través do convenio de colaboración co Mineco Civil UAVs Initiative (expediente Civil UAVs Initiative fase II (RFP-B): ocupación do solo e planificación territorial, Tierra-3).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais para a obtención da información:

a) Organismo: Axencia Galega de Innovación.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Xestión.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Área de Xestión.

2º. Enderezo: rúa Airas Nunes, s/n (Conxo).

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

4º. Teléfono: 981 95 70 14.

5º. Fax: 981 54 10 39.

6º. Correo electrónico: xestion.gain@xunta.es

7º. Perfil do contratante: http://gain.xunta.es/artigos/50/perfil+do+contratante

8º. Poden obterse os pregos na páxina da Plataforma de contratos públicos de Galicia:

http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=231&OR=231

9º. Data límite de obtención de documentación e información: segundo indica o número 3.5 do documento descritivo da contratación, os licitadores poderán dispor de toda a información relativa ao expediente a través da páxina web (http://gain.xunta.es), no enderezo indicado para a obtención de información/consultas, no perfil do contratante e na Plataforma de contratación pública de Galicia (www.contratosdegalicia.es). Os licitadores poderán solicitar as aclaracións que consideren pertinentes, antes dos tres días previos á data de finalización do prazo para a presentación das solicitudes de participación.

d) Número de expediente: Civil UAVs Initiative fase II (RFP-B): ocupación do solo e planificación territorial, Tierra-3.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: compra pública de tecnoloxía innovadora.

b) Descrición: a necesidade administrativa que se debe satisfacer é o deseño, desenvolvemento e posta en operación dunha solución que permita a elaboración de información sobre coberturas e usos do solo, así como un conxunto de ferramentas de apoio á planificación territorial a partir dos datos capturados polos sensores aerotransportados en UAVs e noutros vehículos non tripulados, aéreos, naúticos e terrestres.

c) División por lotes: non.

d) Admisión de prórroga: non.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 50117100.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: diálogo competitivo, servizo suxeito a regulación harmonizada.

4. Publicación dos anuncios:

a) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE, DOG, PCPG e perfil do contratante.

b) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE (28.8.2017), BOE (22.9.2017), DOG (18.9.2017), PCPG e perfil do contratante (29.8.2017).

5. Valor estimado do contrato: 1.611.570,30 € (sen IVE).

6. Orzamento base de licitación: 1.074.380,20 €.

Importe total (IVE incluído): 1.300.000,00 €.

7. Importe de adxudicación:

a) Importe sen IVE: 1.054.500,00 €.

b) Importe con IVE: 1.245.945,00 €.

8. Data de adxudicación: 13.9.2018.

9. Contratista: Centro de Observación y Teledetección Espacial, S.A.U.-Altia Consultores, S.A.-Aeromedia UAV, S.L., Unión Temporal de Empresas, Lei 18/1982, do 26 de maio.

10. Data de formalización do contrato: 5.11.2018.

11. Data de envío do anuncio de adxudicación ao Diario Oficial de la Unión Europea: 14.11.2018.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2018

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación