Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia no proceso de segundas adxudicacións de Santiago de Compostela iniciado por Resolución do 22 de marzo de 2018.
A comparecencia deberase efectuar na sede da Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo na Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 23 de outubro de 2018
Susana Mª Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña
ANEXO
Persoa interesada |
DNI/NIE/NIF |
Acto obxecto de notificación |
Ainhoa Martín Sánchez |
... 512W |
Trámite de audiencia |
Arancha Núñez Fosado |
... 378E |
Trámite de audiencia |