Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2018 Páx. 50026

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2018 pola que se notifican a resolucións ditadas no expediente IG104.2007.2.40 e seis máis.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente resolución, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións, que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015. Advírteselles aos interesados de que contra as resolucións, as cales esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, previamente poderán interpoñer un recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. O expediente ponse de manifesto aos interesados neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2018

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº de expediente

Razón social

Programa de axudas

Data resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

IG104.2007.2.40

Maderas Tejada, S.L.

Proxectos dirixidos a mellorar a organización das pemes mediante a consultoría de proceso e implantación de ferramentas de xestión e cadros de mando (Resolución do 9 de marzo de 2007, DOG nº 59, do 23 de marzo e Resolución do 5 de novembro de 2007, DOG nº 220, do 14 de novembro)

1.10.2018

Secretario xeral do Igape

Resolución de arquivamento

IG107.2016.1.20

Vinilos Lugo, S.L.

Axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Galicia Emprende) (Resolución do 28 de decembro de 2015, DOG nº 247, do 29 de decembro)

17.9.2018

Director xeral do Igape

Resolución de expediente de incumprimento total

IG190.2017.4.89.APCLO

Trabazos Servicios y Eventos, S.L.

Axudas aos servizos de análise do potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico (programa Re-Acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Resolución do 27 de xuño de 2017, DOG nº 129, do 7 de xullo)

5.7.2018

Director xeral do Igape

Resolución de modificación de concesión de axuda

IG191.2017.1.23

Bianchi Baltar, Elena

Programa de bolsas formativas para a realización de proxectos de mellora das pemes galegas (Resolución do 7 de xullo de 2017, DOG nº 137, do 19 de xullo)

24.7.2018

Director da Área de Competitividade do Igape

Resolución de arquivamento

IG204.2014.1.341

Sanmar Niños, S.L.

Axudas ao apoio financeiro ás pemes - bonificación dos custos do financiamento de préstamos superiores a 25.000 € con fondos do ICO 2014 (Resolución do 26 de maio de 2014, DOG nº 103, do 2 de xuño)

21.6.2018

Director xeral do Igape

Resolución de expediente de incumprimento total

IG204.2016.1.51

Iñas e Mera, S.L.

Axudas ao apoio financeiro ás pemes - bonificación dos custos do financiamento das pemes de Galicia, titulares de préstamos superiores a 25.000 € (Resolución do 2 de agosto de 2016, DOG nº 154, do 17 de agosto)

15.5.2018

Director xeral do Igape

Resolución de denegación de axuda

IG204.2016.1.53

Iñas e Mera, S.L.

Axudas ao apoio financeiro ás pemes - bonificación dos custos do financiamento das pemes de Galicia, titulares de préstamos superiores a 25.000 € (Resolución do 2 de agosto de 2016, DOG nº 154, do 17 de agosto)

15.5.2018

Director xeral do Igape

Resolución de denegación de axuda