Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2018 Páx. 50022

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do acordo marco cun único empresario en cada lote, da subministración de equipamento para centros educativos no marco do proxecto Abalar, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente AMT-2018-0030).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: este procedemento de licitación ten por obxecto determinar, mediante un acordo marco cun único empresario en cada lote, as condicións homologadas que se aplicarán, durante o prazo de vixencia previsto no número 7 do prego de cláusulas administrativas particulares, aos contratos derivados que adxudicarán todos os órganos de contratación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e os seus entes instrumentais.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 13.3.2018.

DOUE: 10.3.2018.

BOE: 15.3.2018.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato (sen IVE). Total: 3.985.500,00 €.

Lote 1. Ordenadores portátiles: 2.190.000,00 €.

Lote 2. Videoproxectores para aulas dixitais: 255.000,00 €.

Lote 3. Videoproxectores estándar: 127.500,00 €.

Lote 4. Encerados dixitais interactivos (EDI/PDI): 216.000,00 €.

Lote 5. Impresoras: 75.000,00 €.

Lote 6. Impresoras multifunción: 35.000,00 €.

Lote 7. Armarios de carga: 700.000,00 €.

Lote 8. Servidores Abalar: 250.000,00 €.

Lote 9. Sistemas de alimentación ininterrompida: 12.000,00 €.

Lote 10. Paneis: 125.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación: non se establece debido a que se trata dun acordo marco.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación:

Lote 1: 29.8.2018.

Lote 2: 14.8.2018.

Lote 3: 14.8.2018.

Lote 4: 25.9.2018.

Lote 5: 29.8.2018.

Lote 6: 17.7.2018.

Lote 7: 17.7.2018.

Lote 8: 25.9.2018.

Lote 9: declarado deserto pola Resolución do 15 de febreiro de 2018.

Lote 10: 29.8.2018.

b) Data de formalización do contrato:

Lote 1: 5.10.2018.

Lote 2: 2.10.2018.

Lote 3: 2.10.2018.

Lote 4: 9.11.2018.

Lote 5: 5.10.2018.

Lote 6: 31.8.2018.

Lote 7: 14.9.2018.

Lote 8: 5.11.2018.

Lote 9: declarado deserto pola Resolución do 15 de maio de 2018.

Lote 10: 5.10.2018.

c) Contratista:

Lote 1. Balidea Consulting and Programming, S.L.

Lote 2. Dispal Astur, S.A.

Lote 3. Dispal Astur, S.A.

Lote 4. Coremain, S.L.U.

Lote 5. Inforhouse, S.L.

Lote 6. Sirtelco, S.L.

Lote 7. Tecnologías Plexus, S.L.

Lote 8. Balidea Consulting and Programming, S.L.

Lote 9. Declarado deserto pola Resolución do 15 de maio de 2018.

Lote 10: Dispal Astur, S.A.

d) Importe de adxudicación:

Lote 1. Importe unitario de 596,53 € (IVE incluído).

Lote 2. Importe unitario de 938,46 € (IVE incluído).

Lote 3. Importe unitario de 469,31 € (IVE incluído).

Lote 4. Importe unitario de 473,47 € (IVE incluído).

Lote 5. Importe unitario de 215,38 € (IVE incluído).

Lote 6. Importe unitario de 399,30 € (IVE incluído).

Lote 7. Importe unitario de 1.609,30 € (IVE incluído).

Lote 8. Importe unitario de 2.159,85 € (IVE incluído).

Lote 9. Declarado deserto pola Resolución do 15 de maio de 2018.

Lote 10. Importe unitario de 1.446,22 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia