De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 22 de maio de 2018 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), esta dirección xeral
RESOLVE:
Aprobar as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes.
A lista de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.
A lista de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.
As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listas, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamaren ou emendaren o defecto que motivou a exclusión.
As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.
Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2018
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Relación de persoas aspirantes excluídas
Promoción interna:
Apelidos e nome |
NIF |
Motivo da exclusión |
Perales Arroyo, Xiana María |
*313Y |
65 |
Acceso libre:
Apelidos e nome |
NIF |
Motivo da exclusión |
Bustingorri Alberdi, Gloria |
*707W |
63 |
López Uribarri, Leire |
*641C |
63 |
Mejuto Ferreiro, Carmen |
*264J |
20, 66, 67 |
Monteserín Suárez, Isil |
*449M |
22 |
Porto Paderne, Carolina |
*400Y |
86 |
Código |
Descrición |
20 |
Taxas non aboadas |
22 |
Taxas aboadas fóra de prazo |
63 |
Non presenta e non autoriza a consulta da condición de familia numerosa |
65 |
Non presenta e non autoriza a consulta da condición de discapacidade |
66 |
Non presenta e non autoriza a consulta da condición de demandante de emprego seis meses antes da convocatoria |
67 |
Non presenta e non autoriza a consulta da condición de non percibir prestación ou subsidio por desemprego |
86 |
Non cumple a condición de demandante de emprego seis meses antes da convocatoria |