Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2018 Páx. 49794

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2018 pola que se concede o I Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea.

Vista a proposta da Dirección Xeral de Políticas Culturais sobre o I Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea, convocado pola Orde do 16 de marzo de 2018, e estando conforme con esta en todos os seus termos,

RESOLVO:

Concederlle o I Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea, dotado cunha contía económica de 3.000 €, a José Rosendo Cid Menor polo texto orixinal San Agustín de Monterroso.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura e Turismo