Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2018 Páx. 49793

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 14 de novembro de 2018 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas da Orde do 22 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento TR341Q).

BDNS (Identif.): 400922.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Ampliación do crédito orzamentario

Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento TR341Q), na seguinte aplicación e contía: 09.40.322C.770.0 2017 00021, por 1.000.000 euros.

Segundo. Prazo de presentación de solicitudes

Estas modificacións non afectan o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2018

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria