A Orde do 30 de abril de 2018 (DOG núm. 98, do 24 de maio), conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Axencia Galega de Innovación (en diante, Gain), establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.
Mediante a Resolución do 26 de setembro de 2018 (DOG núm. 191, do 5 de outubro) adxudícanse as axudas da modalidade A ás entidades que contraten as persoas seleccionadas para unha praza do Programa de apoio á etapa de formación posdoutoral que se relacionan no seu anexo I.
O artigo 18 da orde de convocatoria establece que no caso de que se produza algunha renuncia ou outra causa de extinción laboral, a entidade beneficiaria deberá comunicala á Secretaría Xeral de Universidades ou á Gain (segundo sexa o caso), e que se poderá adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza dentro do prazo de tres meses a partir da data de publicación da resolución de concesión.
No mesmo artigo tamén se indica que as renuncias soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da listaxe de espera da modalidade e do órgano instrutor en que se produzan e que a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións durante o tempo de aproveitamento da axuda. A competencia para adxudicar unha nova axuda correspóndelle á persoa titular da Presidencia da Gain no caso de novas incorporacións procedentes da lista de espera da Gain.
En consecuencia, atendendo ás renuncias recibidas na Gain,
RESOLVO:
Primeiro. Aceptar as renuncias presentadas na modalidade A das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral que se indican a continuación:
Nº de expediente |
Entidade |
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
NIF |
Rama de coñecemento |
Zona 1º ano |
Zona 2º ano |
Total |
IN606B-2018/007 |
Misión Biolóxica de Galicia do CSIC |
Samayoa |
López |
Luis Fernando |
******77N |
Ciencias |
2 |
2 |
97,3 |
IN606B-2018/004 |
Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela |
Abella |
Cajigal |
Vanessa |
******80A |
Ciencias da Saúde |
1 |
1 |
90,5 |
IN606B-2018/009 |
Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC |
Almécija |
Pereda |
Clara |
******41E |
Ciencias |
2 |
2 |
76,8 |
Segundo. De acordo co artigo 18 da orde de convocatoria, adxudicar as axudas correspondentes a estas renuncias coas dúas solicitudes incluídas na lista de espera da Gain:
Nº de expediente |
Entidade |
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
NIF |
Rama de coñecemento |
Zona 1º ano |
Zona 2º ano |
Total |
IN606B-2018/011 |
Fundación Profesor Novoa Santos |
Álvarez |
Fraga |
Laura |
******47D |
Ciencias da Saúde |
3 |
3 |
72,75 |
IN606B-2018/001 |
Misión Biolóxica de Galicia do CSIC |
López |
Villamor |
Adrián |
******32X |
Ciencias |
1 |
1 |
62,8 |
Terceiro. Redistribuír o crédito destinado ao financiamento destas axudas entre as entidades beneficiarias alleas ás universidades do SUG, segundo as renuncias e as novas incorporacións, tal como se indica na seguinte táboa:
Modalidade A (Gain) |
|||||||
Aplicación orzamentaria |
Entidades |
Nº de axudas |
Crédito (en euros) |
||||
2018 |
2019 |
2020 |
2021 |
Total |
|||
09.A3.561A.403.0 |
Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC |
1 |
3.366,67 |
43.174,66 |
35.827,56 |
36.311,11 |
118.680,00 |
09.A3.561A.403.0 |
Misión Biolóxica de Galicia do CSIC |
1 |
0,00 |
33.290,00 |
36.180,00 |
41.890,00 |
111.360,00 |
09.A3.561A.480.0 |
Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela |
1 |
3.366,67 |
43.500,00 |
42.822,22 |
36.311,11 |
126.000,00 |
09.A3.561A.480.0 |
Fundación Profesor Novoa Santos |
2 |
3.366,67 |
89.366,66 |
92.722,22 |
79.344,45 |
264.800,00 |
Total |
5 |
10.100,01 |
209.331,32 |
207.552,00 |
193.856,67 |
620.840,00 |
Cuarto. O día de comezo dos contratos será o 1 de decembro de 2018.
Quinto. As entidades beneficiarias deberán remitir un escrito de aceptación á Gain no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización dos correspondentes contratos.
Sexto. O artigo 14 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes, adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.
Sétimo. Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.
Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Presidencia da Gain e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2018
Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria
e presidente da Axencia Galega de Innovación