Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2018 Páx. 49725

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (625/2017).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento Seguridade Social 625/2017 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Manuel Luciano Calvo Blanco contra a empresa Auxini, S.A., sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Parte dispositiva.

Acordo:

– Citar as partes para que comparezan o día 5.12.2018, ás 10.25 horas, na planta baixa, sala de vistas, edificio xulgados para a celebración do acto de xuízo ante o/a maxistrado/a.

Á vista do manifestado no escrito de demanda, accédase ao Rexistro Mercantil Central co obxecto de consultar datos da empresa demandada Auxini, S.A.

Realizada a dita consulta figura un domicilio da demandada Auxini, S.A., polo que se cite a dita entidade mediante remisión da correspondente copia da resolución ou cédula e demais documentos necesarios ao domicilio descuberto.

Para os efectos de evitar unha posible suspensión da citación a xuízo acordado, cítese a dita empresa por edictos que se fixarán no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial ata o día sinalado para o xuízo, e a publicación no boletín oficial correspondente.

– Advírtese as partes de que en caso de non comparecer nin alegar xusta causa que motive a suspensión do acto de xuízo, poderá o xuíz, ter o demandante por desistido da demanda, e se se trata do demandado non impedirá a celebración do acto xuízo, continuando este sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto ao solicitado nos outrosis para os efectos previstos no artigo 81.4 LXS:

Ao outrosi, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS, e por designado domicilio para os efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS.

Se é o caso, sen que isto signifique a admisión da proba proposta polo demandante, xa que este deberá propoñela e, se é o caso, o/a xuíz admitila no acto de xuízo, artigo 87 da LXS.

Ponse en coñecemento das partes que o expediente administrativo se encontra unido aos autos e á súa disposición para consulta nesta secretaría.

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta a SSª da sinalización efectuada.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza.

Cítase igualmente a Auxini, S.A., á celebración do acto de xuízo que terá lugar o próximo día 5 de decembro de 2018, ás 10.25 horas, na sala de vistas deste xulgado, sito na rúa Berlín.

E para que sirva de notificación e citación en legal forma a Auxini, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza