De conformidade co previsto no artigo 3, números 1 e 2, do Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, aprobado polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:
Provincia: Lugo.
Concello: Rábade.
Código: 27011615.
Denominación actual: Centro Público (CP) Santo Anxo.
Nova denominación: Centro Público (CP) Mestre José Rábade Arias.
Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2018
Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional