Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2018 Páx. 49746

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se modifican erros na documentación referente á Resolución do 12 de xullo de 2018, pola que se somete a información pública a actualización do plan de restauración da concesión de explotación Laxe da Cruz número 2732 (PO/C/02732), situada no termo municipal de Ponteareas (Pontevedra).

Advertidos erros na documentación exposta na ligazón http://ceei.xunta.gal/expediente-explotacions-mineiras) referente á Resolución do 12 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a actualización do plan de restauración da concesión de explotación Laxe da Cruz número 2732 (PO/C/02732), situada no termo municipal de Ponteareas (Pontevedra), en concreto, a falta de parte da documentación (mapas), proceden as seguintes correccións:

Conceder un novo prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para a consulta do proxecto de actualización do plan de restauración da concesión de explotación Laxe da Cruz número 2732 (PO/C/02732), que se atopan dispoñibles ao público na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra e no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/recursos/
iniciativas?content=iniciativa_00030.html). As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra, por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 15 de novembro de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra