1. Entidade adxudicadora. Datos xerais para a obtención da información:
a) Organismo: Axencia Galega de Innovación.
b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Xestión.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Área de Xestión.
2º. Enderezo: rúa Airas Nunes, s/n (Conxo).
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.
4º. Teléfono: 981 95 70 14.
5º. Fax: 981 54 10 39.
6º. Correo electrónico: xestion.gain@xunta.es
7º. Perfil do contratante: http://gain.xunta.es/artigos/50/perfil+do+contratante
8º. Poden obterse os pregos na páxina da Plataforma de contratos públicos de Galicia:
http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=231&OR=231
9º. Data límite de obtención de documentación e información: segundo indica o punto 3.5 do documento descritivo da contratación, os licitadores poderán dispor de toda a información relativa ao expediente a través da páxina web (http://gain.xunta.es), no enderezo indicado para a obtención de información/consultas, no perfil do contratante e na Plataforma de contratación pública de Galicia (www.contratosdegalicia.es). Os licitadores poderán solicitar as aclaracións que consideren pertinentes, antes dos tres días previos á data de finalización do prazo para a presentación das solicitudes de participación.
d) Número de expediente: Civil UAVs Initiative fase II (RFP-B): datos xeorreferenciados, Tierra-1.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: compra pública de tecnoloxía innovadora.
b) Descrición: a necesidade administrativa a satisfacer é o desenvolvemento dunha plataforma que permita a integración de todos os datos xeorreferenciados capturados, tanto os obtidos a partir de sensores transportados por UAVs, como os que proveñen doutras fontes (satélites, aerotransportados, etc.), co fin de que sexan accesibles de forma sinxela polos distintos usuarios de aplicacións que precisen de información xeográfica.
c) División por lotes: non.
d) Admisión de prórroga: non.
e) CPV (referencia de nomenclatura): 51600000.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: diálogo competitivo, servizo suxeito a regulación harmonizada.
4. Publicación dos anuncios:
a) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE, DOG, PCPG e perfil do contratante.
b) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE (28.8.2017), BOE (22.9.2017), DOG (18.9.2017), PCPG e perfil do contratante (28.8.2017).
5. Valor estimado do contrato: 557.851,20 € (sen IVA).
6. Orzamento base de licitación: 371.900,83 €.
Importe total (IVE incluído): 450.000,00 €.
7. Importe de adxudicación:
a) Importe sen IVE: 345.830,58 €.
b) Importe con IVE: 418.455,00 €.
8. Data de adxudicación: 13.9.2018.
9. Contratista: Ingeniería Insitu, S.L., Cartogalicia, S.L. e Soluciones y Proyectos de Información, S.L., Unión Temporal de Empresas, Ley 18/1982, de 26 de mayo.
10. Data de formalización do contrato: 30.10.2018.
11. Data de envío do anuncio de adxudicación ao Diario Oficial de la Unión Europea: 8.11.2018.
Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2018
Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación