Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
O acto adoptouno a xefa da Área Provincial.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, 4º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 10 de outubro de 2018
María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: P-113/12.
Persoas interesadas: Henar Mauricio Betancur Montoya (DNI: ...758K). Natalia Pena Vieira (DNI: ...153A).
Asunto: acordo de incoación en relación co expediente de construción PO-2004/010, conta 266.