Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2018 Páx. 49687

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pazos de Borbén

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de dotacións: equipamento asistencial (Aspavi).

O Pleno do Concello de Pazos de Borbén, en sesión extraordinaria que tivo lugar o 10 de outubro de 2018, adoptou, entre outros o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de dotacións: equipamento asistencial Aspavi, promovido pola Asociación de Pais con Discapacidade Intelectual de Vigo (Aspavi) que desenvolverá no Monte Pedreira, lugar de Pazos, nº 53 A, conforme as determinacións contidas no proxecto refundido elaborado polo arquitecto Carlos Rico Caramés datado en setembro de 2018, con suxeición, en todo caso, aos condicionantes emitidos nos informes sectoriais evacuados no procedemento.

Segundo. Ordenar a publicación do acordo de aprobación definitiva do citado Plan especial de dotacións: equipamento asistencial Aspavi no Diario Oficial de Galicia, o que haberá de practicarse no prazo dun mes contado desde a data de aprobación definitiva. Xunto coa publicación do acordo publicarase a referencia ao enderezo electrónico en que figurará o contido íntegro do Plan ao dispor do público.

Terceiro. Ordenar a publicación da normativa do Plan especial no Boletín Oficial da provincia.

Cuarto. Enviar á consellería competente en materia de urbanismo un exemplar do PE en soporte dixital, debidamente dilixenciado, co fin de proceder á súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

O contido íntegro do dito plan queda ao dispor do público na web do Concello de Pazos de Borbén: www.pazosdeborben.org e na sede electrónica: https://pazosdeborben.sedelectronica.gal.

Contra o acordo de aprobación definitiva da citada modificación, que pon fin á vía administrativa, por ser una disposición de carácter xeral, cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, consonte o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo. Todo iso sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

Pazos de Borbén, 30 de outubro de 2018

Andrés Iglesias Rodríguez
Alcalde