Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2018 Páx. 49677

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 29 de outubro de 2018 pola que se notifican as resolucións dos recursos potestativos de reposición interpostos contra as resolucións do 4 de decembro de 2015, 28 de marzo de 2016, 12 de xullo de 2016 e 19 de xaneiro de 2017, ditadas no expediente sancionador e de reposición da legalidade 83.6/98.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou o 5 de setembro de 2018 resolucións polas que se resolven os recursos potestativos de reposición, interpostos contra as resolucións do 4 de decembro de 2015, 28 de marzo de 2016, 12 de xullo de 2016 e 19 de xaneiro de 2017, ditadas no expediente sancionador e de reposición da legalidade 83.6/98 (IU2/21/2015).

Ao non poder realizarse a notificación persoal das resolucións a Pilar Viqueira Valdés, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanse á interesada as devanditas resolucións por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase á interesada que o texto íntegro das resolucións que se notifican atópanse ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra as devanditas resolucións, que son definitivas en vía administrativa, a interesada pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística