Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2018 Páx. 49649

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 29 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a solicitude de autorizacións administrativas previa e de construción, declaración de impacto ambiental, aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica nos concellos de Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Campo Lameiro, Moraña, Portas e Caldas de Reis (expediente IN407A 2011/350).

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 211, do 6 de novembro de 2018, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 48108, no títulfo da resolución, onde di:

«RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a solicitude de autorizacións administrativas previa e de construción, declaración de impacto ambiental, aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica nos concellos de Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Campo Lameiro, Moraña, Portas e Caldas de Reis (expediente IN407A 2011/350)».

Debe dicir:

«RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e a solicitude de autorizacións administrativas previa e de construción, aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica nos concellos de Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Campo Lameiro, Moraña, Portas e Caldas de Reis (expediente IN407A 2011/350)».

Na páxina 48108, no parágrafo terceiro do texto da resolución, onde di: «Solicitude: autorizacións administrativas previa e de construción, declaración de impacto ambiental, declaración de utilidade pública, en concreto, e aprobación do proxecto sectorial», debe dicir: «Solicitude: autorizacións administrativas previa e de construción, avaliación de impacto ambiental, declaración de utilidade pública, en concreto, e aprobación do proxecto sectorial».