Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2018 Páx. 49650

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da ampliación da capacidade de almacenamento da planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) para subministración a Sarria (Lugo), promovida pola empresa Nedgia Galicia, S.A. (expediente IN627A 2018/57-0).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionario: Nedgia Galicia, S.A., con CIF nº A15383284 e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Obxecto da petición: o obxecto da petición é a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da ampliación da capacidade de almacenamento da planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) para subministración a Sarria (Lugo).

Descripción das instalación:

A planta satélite de GNL está localizada na parcela con referencia catastral 27057A021010260000JL, polígono 21, parcela 1026. Trátase dunha superficie de 16.166 m cualificada como solo rústico de uso agrario situada ao norte do núcleo urbano.

Proxéctase a ampliación da capacidade da planta satélite de GNL desde os 80 m3 actuais hasta os 140 m3 mediante as seguintes actuacións:

• Instalación dun depósito de almacenamento e regasificación de GNL de 60 m3 de capacidade.

• O módulo de regasificación existente modifícase mediante a instalación de dous novos regasificadores que proporcionarán gas natural para alimentar a rede de distribución nas seguintes condicións:

– Presión normal de servizo de almacenaxe de GNL: entre 2 e 9 bar.

– Presión de subministración de gas natural: 3,5 bar.

– Temperatura de subministración de gas natural: 0-20 ºC.

• Conexión dos novos elementos á instalación existente.

Concello: as solicitudes afectan ao termo municipal de Sarria, na provincia de Lugo.

Orzamento: sesenta e oito mil douscentos cincuenta e sete euros con noventa e un céntimos (68.257,91 €).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, podendo examinar o correspondente proxecto na Dirección Xeral de Enerxía e Minas, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, así como na Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, rolda da Muralla, 70, 27071, Lugo.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas