Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2018 Páx. 49506

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 197/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 197/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Manuel Refojo González contra Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Campiñas de Laíño, S.A. e Refojo y González, S.L., se ditou o auto cuxa parte dispositiva se xunta:

«Desestimo a excepción de incompetencia de xurisdición formulada por Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Campiñas de Laíño, S.A. e Refojo y González, S.L., e declaro a competencia de xurisdición deste xulgado para coñecer da demanda que deu orixe a este procedemento.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal e Fogasa na forma prevista no artigo 248.4 da Lei orgánica do poder xudicial, e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso sen prexuízo de poder reproducir a cuestión no acto do xuízo oral e, de ser o caso, no recurso contra a sentenza ou resolución definitiva do procedemento.

Que a letrada da Administración de xustiza efectúe o sinalamento dos actos de conciliación e xuízo oral, con citación de todas as partes».

Para que sirva de notificación en legal forma a Hispescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza