Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2018 Páx. 49565

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2018 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais ante a convocatoria de folga parcial do día 20 de novembro ao 2 de decembro de 2018 nos centros de traballo da Corporación Radio Televisión de Galicia.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece o dereito á folga dos traballadores/as para a defensa dos seus intereses. O exercicio deste dereito queda condicionado ao mantemento dos servizos esenciais da comunidade determinados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG núm. 116, do 20 de xuño).

O Comité Intercentros da Corporación Radio Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG), formada polos sindicatos Confederación Intersindical Galega (CIG), a Central Unitaria de Traballadores (CUT), o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras en Galicia (CC.OO.), a Unión Xeral de Traballadores Galicia (UGT) e a Unión Sindical Obrera (USO) comunicou unha convocatoria de folga que afecta todos os traballadores e traballadoras da CRTVG nos seus centros de traballo: San Marcos (Santiago de Compostela), delegación da Coruña, delegación de Vigo, delegación de Ourense e delegación de Lugo. Esta convocatoria de folga desenvolverase en diferentes días de paros parciais e totais da seguinte maneira:

– Paros parciais en franxas horarias de 2 horas por quenda durante os días martes 20 de novembro, xoves 22 de novembro, sábado 24 de novembro, luns 26 de novembro, mércores 28 de novembro, venres 30 de novembro e domingo 2 de decembro, concretándose especificamente durante todos estes días nos seguintes paros para cada unha das franxas:

• Quendas de mañá: de 12.30 a 14.30.

• Quendas de tarde: de 18.30 a 20.30.

• Quendas de noite: as dúas últimas horas da súa franxa horaria.

• Quendas partidas: de 12.30 a 14.30.

• Quendas de fin de semana: sábado de 12.30 a 14.30 e de 18.30 a 20.30, e domingo de 12.30 a 14.30 e de 18.30 a 20.30.

– Mércores 19 de decembro, folga de 24 horas, de 00.00 a 24.00.

– Sábado 22 de decembro, folga de 6 horas, de 8.00 a 14.00.

Así pois, a necesaria conciliación entre o exercicio do dereito constitucional de folga e o mantemento dos servizos esenciais obriga á CRTVG, de acordo coa normativa vixente, a fixar uns servizos mínimos indispensables para o funcionamento dos servizos esenciais da comunidade, que se concretan nesta resolución.

Desta forma, establécense servizos mínimos respecto ao sector dos medios de comunicación que poden afectar o desenvolvemento ordinario da comunicación audiovisual pública, no sentido do artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño.

Os criterios determinantes para a fixación dos servizos mínimos establecidos na presente resolución tiveron en conta os distintos pronunciamentos do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en relación cos servizos esenciais fixados nas xornadas das anteriores folgas do 8 de xuño de 2010, do 29 de setembro de 2010, do 27 de xaneiro de 2011, do 29 de marzo de 2012 e do 14 de novembro de 2012.

Aínda que é certo que o dito tribunal ditou sentenzas que determinaban as normas polas que se establecían os referidos servizos mínimos, non é menos certo que as ditas sentenzas viñeron motivadas polo déficit de expresión da ponderación dos factores e criterios tidos en conta.

Por todo isto, no caso concreto e tendo en conta os pronunciamentos anteriores, preténdense dar a coñecer máis xustificadamente, se cabe, os criterios en virtude dos cales se procedeu a identificar os servizos mínimos como esenciais e a determinar os efectivos necesarios para aseguralos á luz da presente convocatoria de folga. Todo isto observando a necesaria proporción entre o dereito dos traballadores e os bens e intereses que se teñen que salvagardar.

Os servizos mínimos que cómpre fixar para o período de folga convocado non poderán exceder en cada centro o número de persoas que normalmente permanecen neles con ocasión dun domingo ou día festivo, salvo que se trate de órganos que tales días permanezan pechados ou sen servizo, caso en que se terá que atender ás quendas establecidas para os sábados. Este criterio pode ser incorporado e tido en conta en ámbitos concretos de actividade á hora de garantir os servizos esenciais para os vindeiros días de convocatoria de folga, tal e como se particulariza e xustifica en relación cos servizos fixados a través desta norma reguladora.

A CRTVG desenvolve a súa actividade en relación cos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia, a Lei 9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia, onde fai referencia na súa exposición de motivos ás actividades de prestación do servizo público de comunicación audiovisual, así como ao cumprimento dos obxectivos ligados á función de servizo público.

Neste senso, o artigo 4, sobre a actividade de comunicación audiovisual da Corporación RTVG, di que se inspirará nos seguintes principios: a) O respecto e a defensa dos principios que informan a Constitución española (entre eles o dereito á folga) e o Estatuto de autonomía de Galicia e os dereitos e liberdades que neles se recoñecen e garanten (...) h) A obxectividade, imparcialidade, veracidade e neutralidade informativa, así como o respecto á liberdade de expresión e á formación dunha opinión pública plural (...) j) A garantía da máxima continuidade na prestación do servizo e a plena cobertura do conxunto do territorio. E remata o punto 4.2 establecendo que «a Corporación RTVG deberá cumprir coa misión de servizo público de comunicación audiovisual que lle sexa encomendada, e a súa programación inspirarase nos principios definidos na alínea precedente».

Cómpre engadir, ademais, que a CRTVG ten a obriga de emitir os comunicados oficiais necesarios para o interese público, e debe proporcionar a través daqueles mínimos unha dispoñibilidade no servizo que faga viable a continuidade da emisión e os efectivos imprescindibles que fagan posible a inmediata difusión.

Durante moitos anos, a xurisprudencia sobre o tema que nos ocupa foi matizando en diferentes sentenzas cal debe ser o concepto de «servizos mínimos», para que en todo momento o interese xeral da comunidade poida harmonizarse adecuadamente co dereito irrenunciable dos/das traballadores/as a facer folga e co dereito fundamental das persoas á información, de maneira que se permita ao maior número posible destes/as o exercicio do dito dereito sen que prexudique desproporcionadamente a comunidade, conforme sinalan as sentenzas do Tribunal Constitucional 11/1981, do 8 de abril, e, en especial, a do 15 de marzo de 1990. Para tal efecto, garántense os servizos mínimos indispensables, nas inescusables condicións de seguridade e cos traballadores estritamente precisos, na medida en que a índole do seu labor o permita, pero ofrecendo unha garantía das gravacións e rexistros de urxencia, así como o mantemento ante urxencias que poidan xurdir nos equipamentos técnicos ou en circunstancias de última hora, como poden ser accidentes de tráfico, incidencias co desenvolvemento da folga ou outros acontecementos imprevistos, e sempre pensando no interese xeral da comunidade.

Así as cousas, ante o anuncio dunha folga que afecta o persoal da CRTVG, fanse precisos no establecemento dos servizos mínimos os seguintes criterios a que se refire a presente resolución:

1. O carácter esencial que revisten os servizos públicos de televisión e radio de titularidade autonómica, non soamente por determinación expresa do lexislador senón tamén pola súa incidencia no exercicio dos dereitos fundamentais a comunicar e recibir libremente información veraz por calquera medio de difusión, consagrados polo artigo 20.1.d) da Constitución española (circunstancia da cal, igualmente, derivaría o seu carácter de servizos públicos esenciais, aínda sen necesidade de declaración legal expresa, de acordo coa doutrina do Tribunal Constitucional reflectida nas sentenzas 26/1981, do 17 de xullo, e 51/1986, do 24 de abril).

2. A procedencia de precisar, dentro da total extensión da prestación destes servizos públicos esenciais e aplicando un criterio o máis estrito posible, aqueles aspectos cuxo mantemento debe considerarse indispensable (coa finalidade de asegurar a satisfacción do interese público afectado), e aqueloutros que poden quedar suspendidos temporalmente como consecuencia da folga, sen grave mingua do interese xeral da comunidade.

En consecuencia, estímase indispensable asegurar a produción e emisión dos espazos informativos necesarios que garantan a cobertura mínima que o dereito á información, consagrado no artigo 20 da Constitución require, garantindo a continuidade das emisións televisivas e de radio no seu horario habitual.

Así pois, esta motivación, que supón o establecemento destes servizos esenciais, atende ás concretas circunstancias concorrentes, é dicir, o ámbito territorial, temporal, tecnolóxico e de persoal da folga convocada, a determinación das prestacións esenciais que non deben ser interrompidas e as previsións técnicas que, no caso particular que nos atinxe, establezan aquelas prestacións esenciais e cantas persoas deben atendelas.

Os medios audiovisuais públicos de Galicia teñen carácter de servizo esencial, de maneira que os programas emitidos que afectan bens constitucionalmente protexidos deben ter tal consideración.

Esta folga desenvólvese para a CRTVG nun contexto innovador de transformación tecnolóxica como consecuencia da incorporación dunha nova plataforma de produción dixital que é o cambio tecnolóxico máis importante que tivo a CRTVG desde a súa creación e que, en consecuencia, implica unha serie de cambios que afectan tanto os fluxos de traballo como as tarefas históricas que se estaban desenvolvendo por cada unha das categorías laborais, tendendo cara a unha maior especialización acorde coas novas necesidades que demanda a evolución global dos medios de comunicación.

Esta nova situación de modificación nas rutinas de traballo exixe un cambio nos fluxos de traballo, que obrigan a destinar máis efectivos a unha determinada función que ou ben non existía en convocatorias pasadas (como, por exemplo, a necesidade de especializar os operadores montadores de vídeo en tarefas singularizadas nun proceso de produción dixital, ou a configuración dun grupo interdisciplinar de categorías laborais que dean soporte ás novas necesidades tecnolóxicas) ou ben non acadaban o grao de importancia que agora si se precisa para lograr unha emisión suficiente.

Do mesmo xeito, e dado o proceso incipiente de posta en marcha das novas ferramentas tecnolóxicas, cómpre considerar, á hora de determinar os servizos mínimos para garantir a emisión dun espazo informativo, o maior tempo efectivo que se precisa para a elaboración dunha unidade informativa. Polo de agora estase en plena transición para evolucionar cara a un sistema de produción dixital, estando por tanto en fase inicial de implantación. En consecuencia, este proceso leva asociado que, para redactar e editar unha noticia, o tempo de traballo é moi superior ao tempo preciso no sistema anterior e tamén é superior aos tempos previstos cando a nova plataforma finalice a etapa de inicio e integración.

Hai que ter en conta que a fase de arranque e posta en marcha da nova plataforma de produción dixital se iniciou o 29 de setembro de 2018 e finalizou o 7 de novembro nos diferentes centros de traballo. No momento actual, iníciase unha fase de estabilización do sistema que require o axuste, validación e adecuación dos fluxos técnicos, a solución das incidencias que están xurdindo e a adaptación dos fluxos de traballo á nova ferramenta.

Polo tanto, a diferenza de establecemento de servizos mínimos en folgas anteriores, é preciso establecer un novo modelo diferente onde nalgunhas categorías cómpre reforzar o número de efectivos e noutras é posible designar un menor número de traballadores, porque os procesos están máis automatizados.

Na súa virtude, por proposta da Dirección de Recursos Humanos da CRTVG, establécense servizos mínimos para os días alternos de convocatoria de folga parcial do 20 de novembro ao 2 de decembro de dous mil dezaoito, facendo constar que os servizos mínimos dos días 19 e 22 de decembro serán comunicados con posterioridade por estaren en fase de negociación e elaboración ao tratarse dunha duración superior aos paros parciais e require unha valoración diferente.

Os servizos mínimos propostos son os que se relacionan a seguir:

Servizos mínimos aplicables para os días martes 20 de novembro, xoves 22 de novembro, luns 26 de novembro, mércores 28 de novembro e venres 30 de novembro de 2018.

I. Centro de traballo de San Marcos.

1. Área de soporte tecnolóxico:

1.1. Sistemas e aplicacións:

– 1 técnico de sistemas de mañá.

– 1 técnico de sistemas de tarde.

Grupo soporte:

– 1 integrante de soporte de mañá.

– 1 integrante de soporte de tarde.

– 1 integrante de soporte de noite.

1.2. Servizo de instalacións:

– 1 almacenista de mañá.

– 1 almacenista de tarde.

– 1 oficial técnico electricista de mañá.

– 1 oficial técnico electricista de tarde.

1.3. Operacións técnicas, emisións e mantemento técnico:

Operacións técnicas:

– 2 técnicos electrónicos/técnicos electrónicos de primeira de mañá.

– 1 técnico electrónico/técnico electrónico de primeira de tarde.

– 1 técnico electrónico/técnico electrónico de primeira de noite.

Control central:

– 1 técnico electrónico/técnico electrónico de primeira de mañá.

– 1 técnico electrónico/técnico electrónico de primeira de tarde.

– 1 oficial técnico electrónico de mañá.

1.4. Medios de produción:

a) Televisión de Galicia:

Iluminación:

– 1 técnico de iluminación de mañá.

– 1 técnico de iluminación de tarde.

Produción:

– 2 produtores/axudantes de mañá.

– 1 produtor/axudante de tarde.

Cámaras:

– 1 control de cámara de mañá.

– 1 control de cámara de tarde.

– 1 cámara de mañá.

– 1 cámara de tarde.

Son:

– 2 técnicos de son de mañá.

– 2 técnicos de son de tarde.

Realización:

– 3 axudantes de realización de mañá.

– 3 axudante de realización de tarde.

– 2 realizadores de mañá.

– 1 realizador de tarde.

Grafismo:

– 2 grafistas-tituladores de mañá.

– 2 grafistas-tituladores de tarde.

– 1 deseñador gráfico de mañá.

– 1 deseñador gráfico de tarde.

Maquillaxe:

– 1 maquilladora de mañá.

– 1 maquilladora de tarde.

Operadores-montadores de vídeo:

Inxesta PAM:

– 1 operador montador de vídeo de mañá.

– 1 operador montador de vídeo de tarde.

Inxesta MAN:

– 1 operador de vídeo de mañá.

– 1 operador de vídeo de tarde.

Edición avanzada:

– 2 operadores montadores de vídeo de mañá.

– 1 operador montador de vídeo de tarde.

Media:

– 1 operador montador de vídeo de mañá.

– 1 operador montador de vídeo de tarde.

Postprodución:

– 1 operador de postprodución de mañá.

– 1 operador de postproducion de tarde.

b) Radio Galega:

Técnicos de control:

– 2 técnicos de control de mañá.

– 1 técnico de control de tarde.

– 1 técnico de control de noite.

2. Área de contidos:

2.1. Continuidade:

– 1 operador montador vídeo de mañá.

– 1 operador montador vídeo de tarde.

2.2. Retransmisións:

– 1 axudante de produción de mañá.

– 1 axudante de produción de tarde.

3. Área de información e documentación:

3.1. Informativos:

Televisión de Galicia:

– 1 locutor de TV de mañá.

– 6 redactores de mañá.

– 2 auxiliar de redacción de mañá.

– 2 auxiliares de redacción de tarde.

– 2 redactores de tarde.

– 6 reporteiros gráficos de mañá.

– 1 reporteiro gráfico de tarde.

Radio Galega:

– 2 redactores de noite.

– 3 redactores de mañá.

– 2 redactores de tarde.

3.2. Documentación:

– 1 documentalista de mañá.

– 1 documentalista de tarde.

II. Centro de traballo da Coruña.

1. Área de soporte tecnolóxico:

Televisión de Galicia:

– 1 operador montador de vídeo de mañá.

– 1 operador montador de vídeo de tarde.

2. Área de información e documentación:

Televisión de Galicia:

– 1 redactor de mañá.

– 1 redactor/auxiliar de redacción de quenda partida.

– 1 reporteiro gráfico de mañá.

– 1 reporteiro gráfico de tarde.

Radio Galega:

– 1 redactor de mañá.

III. Centro de traballo de Lugo.

1. Área de soporte tecnolóxico:

Televisión de Galicia:

– 1 operador montador de vídeo de mañá.

– 1 operador montador de vídeo de tarde.

2. Área de información e documentación:

Televisión de Galicia:

– 1 redactor de mañá.

– 1 redactor de tarde.

– 1 reporteiro gráfico de mañá.

– 1 reporteiro gráfico de tarde.

Radio Galega:

– 1 redactor de mañá.

IV. Centro de traballo de Ourense.

1. Área de soporte tecnolóxico.

Televisión de Galicia:

– 1 operador montador de vídeo de mañá.

– 1 operador montador de vídeo de tarde.

2. Área de información e documentación:

Televisión de Galicia:

– 1 redactor de mañá.

– 1 redactor de tarde.

– 1 reporteiro gráfico de mañá.

– 1 reporteiro gráfico de tarde.

Radio Galega:

– 1 redactor de mañá.

V. Centro de traballo de Vigo.

1. Área de soporte tecnolóxico:

Televisión de Galicia:

– 1 operador montador de vídeo de mañá.

– 1 operador de posprodución de tarde.

2. Área de información e documentación:

Televisión de Galicia:

– 2 redactores de mañá.

– 1 redactor de tarde.

– 1 reporteiro gráfico de mañá.

– 1 reporteiro gráfico de tarde.

Radio Galega:

–  1 redactor de mañá.

Servizos mínimos aplicables para os días: sábado 24 de novembro e domingo 2 de decembro de 2018.

I. Centro de traballo de San Marcos.

1. Área de soporte tecnolóxico:

1.1. Sistemas e aplicacións:

– 1 técnico de sistemas/analista programador.

Grupo soporte:

– 2 integrantes de soporte.

1.2. Servizo de instalacións:

– 1 almacenista.

– 1 oficial técnico electricista.

1.3. Operacións técnicas, emisións e mantemento técnico:

Operacións técnicas:

– 3 técnicos electrónicos/técnicos electrónicos de primeira.

Control central:

– 1 oficial técnico electrónico.

– 1 técnico electrónico.

1.4. Medios de produción:

a) Televisión de Galicia:

Iluminación:

– 1 técnico de iluminación.

Produción:

– 1 produtor.

Cámaras:

– 1 control de cámara.

– 1 cámara.

Son:

– 2 técnicos de son.

Realización:

– 3 axudantes de realización.

– 1 realizador.

Grafismo:

– 2 grafistas-tituladores.

– 1 deseñador gráfico.

Maquillaxe:

– 1 maquilladora.

Operadores-montadores de vídeo.

Inxesta PAM:

– 1 operador montador de vídeo.

Inxesta MAN:

– 1 operador de vídeo.

Edición avanzada:

– 1 operador montador de vídeo.

Media:

– 1 operador montador de vídeo.

Posprodución:

– 1 operador de postprodución.

b) Radio Galega:

Técnicos de control:

– 1 técnico de control.

2. Área de contidos.

2.1. Continuidade:

– 2 operadores montadores de vídeo.

2.2. Retransmisións:

– 1 axudante de produción.

3. Área de información e documentación.

3.1. Informativos.

Televisión de Galicia:

– 5 redactores.

– 3 reporteiros gráficos.

Radio Galega:

– 2 redactores.

3.2. Documentación:

– 1 documentalista.

II. Centro de traballo da Coruña.

1. Área de soporte tecnolóxico:

Televisión de Galicia:

– 1 operador montador de vídeo.

2. Área de información e documentación:

Televisión de Galicia:

– 1 redactor.

– 1 reporteiro gráfico.

III. Centro de traballo de Lugo.

1. Área de soporte tecnolóxico:

Televisión de Galicia:

– 1 operador montador de vídeo.

2. Área de información e documentación:

Televisión de Galicia:

– 1 redactor.

– 1 reporteiro gráfico.

IV. Centro de traballo de Ourense.

1. Área de soporte tecnolóxico.

Televisión de Galicia:

– 1 operador montador de vídeo.

2. Área de información e documentación:

Televisión de Galicia:

– 1 redactor.

– 1 reporteiro gráfico.

V. Centro de traballo de Vigo.

1. Área de soporte tecnolóxico:

Televisión de Galicia:

– 1 operador montador de vídeo.

2. Área de información e documentación:

Televisión de Galicia:

– 1 redactor.

– 1 reporteiro gráfico.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2018

Alfonso Sánchez Izquierdo
Director xeral da Corporación Radio Televisión de Galicia, S.A.