Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2018 Páx. 49501

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (51/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 51/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Esperón Frieiro contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Cyclops, Construcciones Jarami, S.L., Tesouraría Xeral da Seguridade Social sobre Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva é do seguinte teor literal:

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: Seguridade Social número 51/2016

Demandante: Francisco Esperón Frieiro

Letrado: Sr. Guerra Mengual

Demandados: INSS, TGSS

Letrada: Sra. Pardo Costas

Mutua Cyclops:

Letrada: Sra. Fernández Chao

Construcciones Jarami, S.L.

Sentenza

A Coruña, 24 de outubro de 2018

Decido:

Desestimo a acción sobre recoñecemento de incapacidade permanente absoluta formulada por Francisco Esperón Frieiro fronte ao INSS, TXSS, Mutua Cyclops e Construcciones Jarami, S.L. e, en consecuencia, confirmo a resolución impugnada neste procedemento.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e procederase ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Jarami, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza