Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2018 Páx. 49495

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (493/2017).

DSP despedimento/cesamentos en xeral 493/2017

Procedemento orixe: /

Sobre despedimento

Demandante: María José Muíño Louro

Avogada: Lidia Vázquez Méndez

Demandados: Fondo de Garantía Salarial, Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Gaviota Téxtil, S.L., administración concursal Confección Ideal, S.L.-Ana María Barreiro Martínez, administración concursal Creaciones Deus, S.L.-Isaias González García Argo Asociados Abogados y Asesores Tributarios, S.L.P., administración concursal Confecciones Deus, S.L.-Isaias González García, administración concursal Confecciones Fraga, S.L.-Dictum Estudio Jurídico y Económico, S.L.P., administración concursal Plataforma Costurera, S.L., Iberfits Tit. Mercantiles & Glez. Seoane Abogados, S.L., administración concursal Costura Invisible, S.L., Argos Asociados Abogados y Asesores Tributarios, S.L., administración concursal Shivshi, S.L.-Alejandro Gimeno-Bayon Forteza, Bendita Costura, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Téxtiles, S.L., Pedracapela, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Vainica Doble, S.L., Creaciones Deus, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Rogelio Bodelo Pichel, Perseo Téxtil, S.L.

Avogado/a: letrado de Fogasa, José Ramón Millan Cidon, Cristina Suárez Gestal, Isaias González García, Isaias González García, Juan Carlos Rodríguez Maseda, José Pedro Moreno González

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 493/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María José Muíño Louro contra Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Shivshi, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Gaviota Téxtil, S.L., administración concursal Confección Ideal, S.L.-Ana María Barreiro Martínez, administración concursal Creaciones Deus, S.L.-Isaias González García Argo Asociados Abogados y Asesores Tributarios, S.L.P., administración concursal Confecciones Deus, S.L.-Isaias González García, administración concursal Confecciones Fraga, S.L.-Dictum Estudio Jurídico y Económico, S.L.P., administración concursal Plataforma Costurera, S.L., Iberfits Tit. Mercantiles & Glez. Seoane Abogados, S.L., administración concursal Costura Invisible, S.L., Argos Asociados Abogados y Asesores Tributarios, S.L., administración concursal Shivshi, S.L.-Alejandro Gimeno-Bayon Forteza, Bendita Costura, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Téxtiles, S.L., Pedracapela, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Vainica Doble, S.L., Creaciones Deus, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Rogelio Bodelo Pichel, Perseo Téxtil, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento nº 493/2017

Demandante: María José Muíño Louro

Letrada: Sra. Vázquez Méndez

Demandado: Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Téxtil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Nuevo Siglo Téxtiles, S.L., Gaviota Téxtil, S.L.D. Rogelio Bodelo Pichel, non comparecen.

Letrado:

Administración concursal de Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Confecciones Fraga, S.L., e Confección Ideal, S.L., non comparecen.

Fogasa

Sentenza nº 393/18

A Coruña, 17 de outubro de 2018

Decidimos:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por María José Muíño Louro fronte ás entidades Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L. Perseo Téxtil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., e Nuevo Siglo Téxtiles, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta parte dispositiva. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A dita opción deberá exercitarse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo, sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberán aboar as empresas solidariamente, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 19.995,99 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 36,91 euros/día.

3º. Desestimo a acción de despedimento formulada pola demandante fronte a Gaviota Téxtil XXI, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Rogelio Bodelo Pichel polo que se ha de absolver de todo pedimento dirixido fronte a eles.

O Fogasa e a administración concursal de Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Confecciones Fraga, S.L., haberán de pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Nuevo Siglo Téxtiles, S.L., Plataforma Costurera, S.L, Confecciones Ideal, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Bendita Costura, S.L., Deus Deluxe, S.L., Pedracapela, S.L., Vainica Doble, S.L., Creaciones Deus, S.L., Perseo Téxtil, S.L., Rogelio Bodelo Pichel, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza