Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2018 Páx. 49429

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 2 de novembro de 2018 polo que se fai pública a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora de seguridade viaria no contorno do tramo de concentración de accidentes na estrada PO-549, punto quilométrico 8+000 a 9+800, de clave PO/17/143.06.

Con data do 30 de outubro de 2018, a dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade (Orde do 4 de febreiro de 2013, Diario Oficial de Galicia do 20 de febreiro de 2013), visto o informe da análise das alegacións, resolveu o seguinte:

«Antecedentes de feito:

Primeiro. Con data do 27 de decembro de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 244) o Anuncio do 29 de novembro de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública a separata para información pública do proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora de seguridade viaria no contorno de tramos de concentración de accidentes na estrada PO-549, p.q. 8+000 a 9+800, de clave: PO/17/143.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Segundo. Durante todo o trámite de información pública presentáronse alegacións, certificados e informes, e procedeuse á súa valoración.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción someteuse ao trámite de información pública durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, someteuse a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente.

De acordo con todo o exposto, e tras os certificados, alegacións e informes presentados polos organismos oficiais competentes,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora de seguridade viaria no contorno de tramos de concentración de accidentes na estrada PO-549, p.q. 8+000 a 9+800, de clave PO/17/143.06, mantendo o trazado proposto como definitivo, coas seguintes modificacións:

Deberá adaptarse o alcance do proxecto construtivo de tal maneira que se inclúa o deseño dunha senda peonil no treito da actuación situado no concello de Vilanova de Arousa, a consecuencia da afluencia de peóns que transitan pola beiravía de estreitas dimensións, medida que suporá unha considerable mellora nas condicións de seguridade para a circulación dos viandantes.

Segundo. Consonte establece o artigo 23 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os concellos de Cambados e Vilanova de Arousa deberán adaptar o seu planeamento urbanístico ao contido no proxecto, no cal se establecerán as determinacións do planeamento urbanístico que deben ser modificadas como consecuencia da súa aprobación, no prazo que determine este último e, en todo caso, na súa primeira modificación ou revisión.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou ben recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do1 de outubro, do procedemento administrativo común».

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2018

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas