Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2018 Páx. 49161

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Xoán de Río

ANUNCIO de convocatoria dun posto de operario.

A Alcaldía Presidencia do Concello de San Xoán de Río (Ourense), mediante Resolución nº 73, do 8 de novembro de 2018 aprobou as bases reguladoras e a convocatoria das probas de selección para a provisión dun posto de operario/a de servizos do Concello de San Xoán de Río, en réxime de contratación laboral fixo/a e mediante oposición libre.

Ábrese o prazo de presentación de solicitudes que será de 20 días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP e no DOG, último anuncio (de calquera maneira o prazo contarase a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no DOG).

As bases están ao dispor dos aspirantes na páxina web do Concello de San Xoán de Río: (www.sanxoanderio.es).

Os sucesivos anuncios, cando procedan, de conformidade co disposto nas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Ourense e na sede electrónica e no taboleiro de edictos do concello.

Contra as bases, cuxa aprobación pon fin á vía administrativa, pódese interpor, alternativamente, ou recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, ante a Alcaldía deste Concello de San Xoán de Río, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento-administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, se este radica en Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou de producirse desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que considere oportuno.

A presentación de recursos non producirá a suspensión do procedemento. Este só se producirá, se así o resolve a Alcaldía mediante resolución motivada ou resolución xudicial firme.

San Xoán de Río, 8 de novembro de 2018

Luís Castro Álvarez
Alcalde