Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2018 Páx. 49079

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (sanción 374/2016).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de sancións 374/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Flora Gómez Outeiral contra a empresa Tomate Más Fruta, S.L., sobre sancións, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Decido.

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por María Flora Gómez Outeiral, contra a entidade Tomate Más Fruta, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, procede deixar sen efecto a sanción de suspensión de emprego e soldo por dez (10) días imposta á demandante por escrito do 16 de abril de 2016, condenando a demandada a aboar o pagamento dos salarios que tería deixado de aboar en cumprimento da sanción.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Tomate Más Fruta, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza