Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2018 Páx. 49142

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 3 de outubro de 2018 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/8/2017-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 7 de agosto de 2018, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras consistentes na instalación dunha casa prefabricada de madeira, na execución dunha soleira ao seu redor, a modo de beirarrúa e terraza, na execución dun mesado con grella de fábrica, na instalación dunha fosa séptica, na execución dunha construción auxiliar de planta baixa en bloque de formigón e na execución dunha soleira ao redor da construción auxiliar, que se prolonga ata a zona de entrada á parcela, que constitúe un conxunto coas características propias dun uso residencial, aínda que sexa ocasional, estacional, ou de fin de semana, sen vinculación a unha explotación agrícola ou gandeira, situadas no lugar de Camiño de Chaves, número 40, no termo municipal de Foz, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Luis Miguel Santurio Vila, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado o devandito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado dispón dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística