Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2018 Páx. 49029

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 5 de novembro de 2018 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería.

De conformidade co disposto no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para os postos de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), nas súas xefaturas territoriais ou ben utilizando os medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán xuntarlle á petición un curriculum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Quinto. No caso de que resulte seleccionado para ocupar os postos de traballo que se relacionan no anexo I desta orde, persoal funcionario con destino noutra Administración, requirirase o informe favorable do departamento onde preste servizos, que se considerará favorable de non emitirse no prazo de quince días, segundo o disposto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e as demais disposicións concordantes. Unha vez autorizado o seu traslado a esta Administración procederase a adxudicarlle o posto para o que foi seleccionado/a. Se no prazo de dous (2) meses, a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, o/a funcionario/a seleccionado/a non se pode incorporar á Comunidad Autónoma, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo a súa provisión.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderanse declarar desertos os posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

O prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de persoal funcionario doutras administracións públicas, co límite dos dous (2) meses a que se fai referencia no punto quinto desta orde. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberase computar desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2018

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO I

Denominación

Código

Comple. específ.

Grupo

Corpo/ escala

Adsc. adm.

Form. específ.

Centro directivo

Localidade

Secretario/a do/da conselleiro/a

MA.C01.00.000.15770.003

20

7.357,77

C1

C2

Xeral

A11

641

Gabinete conselleiro/a

Santiago de Compostela

Secretario/a do/da secretario/a xeral

MA.C02.00.000.15770.004

18

6.684,09

C1

C2

Xeral

A11

641

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

Vicesecretario/a xeral

MA.C02.00.001.15770.001

30

21.800,80

A1

Xeral

AXG

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

Subdirector/a xeral de Réxime Xurídico, Coordinación Administrativa e Planificación

MA.C02.00.002.15770.001

30

21.800,80

A1

Xeral

AXG

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

Subdirector/a xeral Contratación e do Patrimonio

MA.C02.00.004.15770.001

30

21.800,80

A1

Xeral

AXG

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

Secretario/a do/da director/a xeral

MA.C04.00.000.15770.003

18

6.684,09

C1

C2

Xeral

A11

641

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Santiago de Compostela

Subdirector/a xeral de Espazos Naturais

MA.C04.00.001.15770.002

30

21.800,80

A1

Xeral/ especial

A11

640

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Santiago de Compostela

Descrición códigos de adscrición ás administracións públicas:

AXG. Adscrición exclusiva a persoal funcionario da Xunta de Galicia.

A11. Adscrición indistinta a persoal funcionario da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.

Descrición códigos das formacións específicas:

640. Para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I).

641. Para persoal doutra Administración, curso de iniciación de galego (R.I.).

missing image file