Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2018 Páx. 48975

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2018 pola que se procede á corrección de erros na Resolución do 25 de setembro de 2018 pola que se somete a información pública o Anteproxecto do novo emisario submarino da estación depuradora de augas residuais dos Praceres, na ría de Pontevedra.

missing image file

Advertidos erros na Resolución do 25 de setembro de 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia número 191, do 5 de outubro de 2018, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 45042, onde di: «A actuación enmárcase dentro do programa operativo no eixe prioritario 6», debe dicir: «A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 6» e, ao final deste parágrafo, que trata sobre cofinanciamento europeo, debe engadirse: «Actuación 6.2.1.2 (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO): reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas, operación (mellora do saneamento e depuración do sistema dos Praceres, na ría de Pontevedra). Unha maneira de facer Europa».

Na páxina 45043, onde di: «Someter a información pública o anteproxecto do novo emisario submarino da EDAR dos Praceres, na ría de Pontevedra, de clave OH.336.1129, polo prazo de vinte (20) días hábiles», debe dicir: «Someter a información pública o anteproxecto do novo emisario submarino da EDAR dos Praceres, na ría de Pontevedra, de clave OH.336.1129, polo prazo de trinta (30) días hábiles».

En consecuencia, amplíase o prazo para a consulta do documento técnico e presentación de alegacións en dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2018

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia